sábado, 24 de junio de 2023

Fin de curso

Hai nada que comezamos en setembro un novo curso e xa chegamos ao final deste camiño.

O tempo pasou voando e fixemos mil cousas, pero en lugar de poñernos morriñentos, imos celebrar con alegría este novo ano de experiencias, crecemento e aprendizaxes.

Por iso celebramos o festival de fin de curso onde todos puidemos aportar o noso gran de arena para que o espectáculo non parase. Foi un día cheo de emocións.

Deixamos aquí o enlace coas fotos e tamén os videos de cada actuación para todas aquelas familias que non puideron asistir.

Feliz verán para todos!



domingo, 18 de junio de 2023

Horta de xuño

Este último mes aproveitamos para recoller a colleita do noso horto e empregar estes ingredientes na elaboración dun batido que, ademais de estar boísimo, foi moi san.

Queredes saber os ingredientes? Precisades: acelga, espinaca, plátano, leite e un pouquiño de mel para darlle un toque doce. Trituramos todo e listo para degustar!

Tedes todas as fotos do proceso aquí:



lunes, 12 de junio de 2023

Obradoiro de ciencia

Hoxe tivemos obradoiro de ciencia en primaria.

Os cativos de 1º e 2º fixeron erupcionar un volcán con bicarbonato e colorante; experimentaron os cambios de cor que sufre a auga con lombarda segundo lle engadiron fairy, vinagre ou bicarbonato; desintegraron e reintegraron poliespan con acetona...

Os grupos dos maiores, de 3º a 6, fixeron un escape room relacionado coa conservación do medio natural, pois o obxectivo era superar as probas para salvar o planeta. Tiveron que empregar lombarda, abrir flores de papel en auga, buscaron pistas e finalmente atoparon o tesouro.

Obxectivo cumprido!

Se queredes ver as fotos de todo isto, premede na foto:



jueves, 1 de junio de 2023

Actividade de golf con XOGADE

Este xoves os grupos de 5º e 6º participaron nunha actividade de golf dentro do programa XOGADE.

Puideron iniciarse neste deporte e desfrutar dunha xornada deportiva do máis interesante no Real Aeroclub de Vigo.

Podedes ver todas as fotos clicando nesta imaxe:


 

miércoles, 24 de mayo de 2023

Horta maio

Neste mes de maio, ou mes das flores, aproveitamos para facer un obradoiro con plantas aromáticas e flores secas. Con lavanda, romeu, tomiño, menta, herba luisa... Fixemos uns saquiños que levamos para aromatizar as nosas casas.

Ademais, continuamos a regar e coidar os nosos cultivos para que sigan medrando fortes e sans.

Se queredes ver as fotos do obradoiro, clicade na imaxe:



jueves, 27 de abril de 2023

Horta abril

Este mes de abril, como vimos facendo dende principio de curso, fomos á nosa horta para mantela limpa, regar e á vez plantar novos cultivos.

Desta vez plantamos pementos, tomate, coliflor, acelgas, calabacín... E transpalantamos herbas aromáticas como albahaca, herba boa e melisa.

Se queredes ver todas as fotos clicade aquí:



miércoles, 19 de abril de 2023

Visita Naturnova

O pasado venres os grupos de infantil, 1º e 2º de primaria fomos a Naturnova a unha exposición sobre o Sol, ainda que tamén puidemos montar nun submariño para descubrir a riqueza das nosas augas e valorar a importancia de manter o planeta limpo e coidado.

Se queredes ver as fotos deste día, clicade na imaxe:



lunes, 10 de abril de 2023

Facemos ensalada

Aproveitando as leitugas da horta, os compañeiros de 1º, 2º e 4º de primaria prepararon unhas riquísimas e moi completas ensaladas.

Ao principio, a algún non lle facía moita gracia o de comer leituga, pero despois non quedou nada!

Podedes acceder aquí para ver todas as fotos:



Horta do mes de marzo

Durante o mes limpamos de malas herbas, regamos e colleitamos un par de leitugas.

Sementamos cenorias e nun sementeiro praparamos tomates para que medren e poder transplantar no futuro. Tamén plantamos prímulas e algunha outra flor para dar cor e atraer aos insectos polinizadores que tanto ben fan nas hortas e no campo.

Podedes ver aquí todas as fotos:




lunes, 13 de marzo de 2023

Esgrima con Judith Rodríguez

O pasado venres tivemos a enorme sorte de coñecer un novo deporte da man da esgrimista Judith Rodríguez.

Coincidindo coa día da muller, durante a semana estivemos coñecendo a súa traxectoria profesional como muller deportista que non se rinde ante as adversidades, e por fin o venres puidemos coñecela.

Poderíamos contar moitas cousas dela: que comezou con 8 aniños a practicar esgrima, que agora compite en cadeira de rodas, que ten múltiples medallas en diferentes campionatos (tanto a nivel nacional como mundial), que é un exemplo de superación e un modelo para as novas xeracións... Pero por enriba de todo isto é unha magnífica persoa.

Encantounos coñecela e ver o cercana que é e a seguridade que transmite.

Deixamos a continuación as imaxes deste día e a entrevista que lle fixeron algúns compañeiros de primaria.

Moitas grazas, Judith! E tamén moitas grazas a Olalla e Carlos, pais de Víctor e Sofía, que foron os que fixeron que esta actividade fora posible.

Se queredes escoitar a entrevista a Judith, tédela aquí:

 



miércoles, 1 de marzo de 2023

Horta de febreiro

Este mes ainda que fixo frío a nosa horta non para.

Coma sempre fixemos as tarefas de limpeza de herbas e rega dos cultivos que temos plantados.

Tamén comprobamos a capacidade de retención de auga en dous botes con terra cuberta con follas e sen elas, para darnos de conta da importancia das follas na retención da terra e que así se protexa o chan.

E como xa está a piques de chegar a primavera plantamos prímulas e amorodos.

Se queredes ver as fotos de todo isto, clicade na imaxe: