martes, 2 de marzo de 2021

COPLAS AO MECO!


 

 COPLAS AO MECO

Vaite Meco

vaite xa,

vaite co bicho

e  non volvas máis.

 

Coronavirus, coronavirus

deixáchesnos sen aniversario

nin torta puidemos comer

oxalá te partan mil raios.

 

Na casa dos amigos

non podes xogar

porque o coronavirus

te podes contaxiar.

 

Durante todo un ano

non nos puidemos abrazar,

por iso no día de hoxe

moi mal o vas a pasar.

 

Por culpa deste meco

actividades non temos

aburridos polas tardes

nin saír xa podemos.

 

Xa non podemos ver os sorisos

na cara dos nosos amigos.

levamos unas tupidas máscaras

que a todos e todas nos tapan as caras.

 

Para non enfermar

na casa temos que quedar.

Para non contaxiar

máscara e xel temos que usar.

 

Non podo ir de viaxe

nin de Vigo saír,

quero ver bonitas paisaxes,

déixame ser feliz!

 

Non podo ir ao parque a xogar

porque voume contaxiar

pola túa culpa vou gritar

así que ímoste queimar

 

Pola túa gran culpa

tivémonos que confinaar

e así quedarnos todos

sen ás nosas familias visitar.

 

Se aos sanitarios queres axudar

quédate no teu fogar

e déixate de festexar

para o covid derrotar.

 

Extraño as tardes cos meus amigos

nos cines e nos teatros

xuntándonos todos os nenos

para pasar uns bos ratos.

 

 

 

 

 

 

 

AULA STEAM

 Os alumnos de 1º  xa desfrutaron tamén das ferramentas da robótica!