jueves, 28 de octubre de 2021

Limpamos a natureza

Está a piques de rematar o mes de outubro e, como sabedes, durante este mes tiñamos o reto de limpar un recuncho da natureza na nosa contorna.

Esta idea forma parte dos "Eco-Retos" de Voz Natura e podemos dicir que temos o reto... SUPERADO!

Moitas grazas a todos os que colaborastes tamén dende as vosas casas limpando os montes, praias e demáis espazos naturais polos que pasastes.

Sabemos que é importantísimo que todos colaboremos para acadar un mellor futuro para o noso planeta.

Veremos a ver cal é o reto do próximo mes, estade moi atentos para que o poidamos superalo tan ben como nesta primeira proposta.

Aquí vos deixamos un par de fotos do grupo que máis metros limpou no cole:










viernes, 22 de octubre de 2021

Horta de outono

Seica fai tempo que non tiñades noticias do que está a facer Candeanina polo cole. Pois traémosvos novidades: Esta semana puxemos a punto a nosa horta escolar!

Todos os grupos, dende os máis cativos ata os máis maiores, colaboraron para que o invernadoiro e o campiño que temos estén listos para producir novos cultivos. Estas accións están incluidas tamén dentro do Proxecto de Voz Natura no que participamos.

Ademáis, retiramos os amorodos que quedaban do curso pasado e os levamos a casa nunha maceta para poder recoller os froitos cando comecen a medrar e madurar.

Que novas plantacións teremos este ano? Pronto o descubriredes. 😉

Mentres tanto, aquí podedes ver as fotos desta semana na nosa primeira sesión de horta.