jueves, 21 de diciembre de 2023

FESTA DE NADAL!

 Non nos cansamos (nin cansaremos) desta celebración!

Baile, música, festa e...chocolate!!

🎅🎄🎉

(clicade  na imaxe)



ADORNOS DE NADAL

 Artistas por todos lados!!!💓

(acceso a través da foto)



miércoles, 20 de diciembre de 2023

ATLETISMO 4º EP

 O alumnado de 4º EP recibiu tres sesións de atletismo da man de Fito e Pablo do CSCRBeade, dentro do Plan de deporte escolar Xogade .

Fixeron carreiras de velocidade e relevos. Saltos de lonxitude e altura. Lanzamentos de peso e vórtex.👌

(enlace a través da foto)


jueves, 14 de diciembre de 2023

HORTA DE DECEMBRO

Este martes acompañounos de novo Xaruma para seguir traballando na horta, mais o tempo non nos acompañou e permitiu sair fóra.

Aínda así, estas rapazas trouxeron actividades para poder seguir aprendendo montón de cousas referentes aos vexetais dentro das aulas.

(Acceso ás fotos a través da imaxe)


lunes, 4 de diciembre de 2023

3 DECEMBRO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

BAIXO O MESMO PARAUGAS

Onte, 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A nosa  ANPA, a través da iniciativa de APAMP  de Vigo, elaborou esta preciosidade.

 Que todas as persoas con discapacidade sexan cidadáns de pleno dereito!

"El símbolo de la iniciativa es el paraguas: simboliza la unión, todos tenemos cabida en él sin diferencias. La meta: visibilizar la riqueza de una sociedad diversa y plural, pero con deseos e ilusiones por igual." (APAMP)





VISITA MÉDICA

 Os máis cativos tiveron a sorte de contar coa visita dunha médica para explicarlles como funcina o corpo. Moitas grazas por vir!😍


 

MES DA CIENCIA

 💥Durante a pasada semana, tooooodo o alumnado do cole participou mostrando os seus experimentos. Aquí vos deixamos unha mostra deles!💥