viernes, 20 de diciembre de 2019

lunes, 16 de diciembre de 2019

ADORNOS DE NADAL!













APRENDEMOS UN POUQUIÑO MÁIS...

Dende o Concello veunos visitar María, para falarnos un pouco sobre sexualidade: fixemos teatrillo, aprendimos conceptos e diferenciamos vocabulario.
 Cada día sabemos un pouco máis!







jueves, 12 de diciembre de 2019

DE VISITA POLO CONCELLO

Non nos imaxinabamos a de cousas que hai no interior do Concello. A sala de prensa, vixiancia de tráfico, un montón de oficiñas cun montón de departamentos, a Escola de Baile, laboratorios, expositores con moitas curiosidades...pisos e pisos de aprendizaxes!!
 























EVITAMOS ENGANOS NA REDE

Dende o"Plan Director" que nos oferta a Policía Nacional, os máis maiores do cole puideron aprender e descubrir cales son os enganos e perigos que se poden atopar cando navegan por Internet. Así como a normativa e as consecuencias que pode ter o mal uso das novas tecnoloxías.


VIGO RECICLA!

1º, 2º, 3º, e 4º refrescaron a memoria sobre como debemos reciclar e en que contenedores depositar os refugallos.









miércoles, 20 de noviembre de 2019

MAGOSTO!!

Xa chegou San Martiño e con el...o Magosto!!! Para comezar a quentar, nada mellor que un baile!
O Rap da Castaña!



E logo... a quentar papando! Choripanes e castañas!, co quecemento final dos xogos tradicionais, empregando para todos eles as castañas. 
O vindeiro ano máis!



lunes, 18 de noviembre de 2019

GAIA

3º e 4º de Primaria  acudiron ao teatro de Afundación para disfrutar de Gaia, un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa, tratando a importancia da interacción entre as persoas e a natureza.









PLÁSTICOS. O NOVO INIMIGO

Os máis maiores visitaron o centro Naturnova, este ano coa temática do plástico e os efectos devastadores que están a ter sobre o noso planeta. Aproveitaron tamén para aprender, a través do xogo, moitas das características do mundo que nos rodea.