viernes, 23 de marzo de 2018

POSTO SOLIDARIO




Queremos agradecer a todos os rapaces e rapazas, nais, pais, avós, avoas e demáis familia de todo o alumnado, o cariño e o traballo co que participastes nesta actividade e as donacións ofrecidas. 
"Xuntos sumamos" faise visible! 
Agradecemento tamén á familia de Paula e Nico pola aportación das remolachas, que tamén foron a parar a algunha casa. Graciñas a Agro Comercial Lito por ofrecernos os testos, e axudarnos a conseguir os bulbos máis económicos.
Lembrade que o Posto Solidario volve o vindeiro 16 de maio, desta vez con loureiros, acivros e saquiños e aceites aromáticos.
MIL GRAZAS DE NOVO POR PARTICIPAR!!!



 

No seguinte enlace podedes acceder á noticia da Voz de Galicia sobre o evento:FLORES PARA COLOREAR A LEUCEMIA


Easter Egg Hunt con Ed Infantil









martes, 6 de marzo de 2018

HORTA SOLIDARIA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Dende setembro a comunidade educativa ven levando a cabo un proxecto solidario na que o eixe principal é a nosa horta. Este VENRES 9 DE MARZO, de 13:30 a 14:00h no centro,temos a primeira fase do mesmo. Aquí tendes un resumo do feito e do que faremos. Animádevos a participar!!!! 
UN BULBO, UN DONATIVO! (que irá íntegro a Asociacicón "Bicos de Papel")




se