sábado, 26 de febrero de 2022

Festa de entroido 2022

 E chegou o venres coa festa de disfraces, a degustación de orellas, os desfiles e a queima do Meco que resultou culpable de todas as acusacións.

Pasámolo en grande bailando, cantando, desfilando...

Mirade, mirade!



Mandatos do Meco

 Esta semana no cole estivemos a celebrar o entroido! 🎭

Comezamos a semana cos mandatos do Meco, que nos mandou levar algo especial cada día (algo na cabeza, no pescozo e na cintura).

Estes primeiros días fumos quentando motores ata chegar ao venres, pero do venres xa falaremos despois...

Polo de agora podedes mirar a imaxinación que tivemos para poder cumprir cos mandatos do Meco:

 


miércoles, 23 de febrero de 2022

Xornada de atletismo en pista

O martes 22 de febreiro os grupos de 5º e 6º de primaria paticiparon  na xornada de atletismo en pista, organizada polo Programa Xogade.

Competiron con outros colexios en carreiras de relevos, 500 metros lisos e 60 metros lisos. Tamén puideron practicar o lanzamento de peso, vórtex e salto de lonxitude.

Pero o máis importante foi o ben que o pasaron.

Clicando nesta imaxe podedes acceder á galería con todas as fotografías deste día:



viernes, 4 de febrero de 2022

Celebramos o día da PAZ

Onte xuntámonos todo o cole para poder facer a nosa celebración polo día da Paz despois de levar toda a semana preparándonos e traballando sobre o tema.

Este ano vencellamos o día da Paz co coidado do noso planeta, pois temos que poder vivir nun sitio coidado que nos poida aportar esa paz que precisamos.

Así preparamos entre todos un mural con algunhas ideas que podemos seguir para acadar este obxectivo:

- Separa os envases, o papel, as pilas.

- Non te pases coa auga da ducha.

- Camiña, o coche contamina.

- Apaga a luz cando te vaias.

- Coida o teu planeta cun soriso.

E por último durante a celebración bailamos ao ritmo da canción "El mensaje de Nina" que fala sobre a necesidade de coidar o noso planeta e da que sacamos as frases para o noso mural.

Pasámolo en grande!

Se queredes ver as fotos e o video da celebración podedes clicar nesta imaxe: