viernes, 23 de febrero de 2018

ACUSACIÓNS E QUEIMA DO MECO



XUÍZO AO MECO



Bos días nenas e nenos, mestras e mestres, nais e pais e todos os demais.

Despois do pasarúas e de comer lambetadas estamos dispostos para ao meco xulgar .

Acúsote meco

por non coidar o noso planeta

porque a este ritmo vai ser unha desfeita.



Acúsote meco

polo quecemento global

que vai provocar unha destrución total.



Acúsote meco

polo lume en Galiza

fixo que todo se cubrira de cinza.



Os nosos bosques quedaron desfeitos

e moitas familias sen teito

animais mortos e outros famentos.



Acúsote meco

que en Galicia duraron moitos días.



Acúsote meco

polos bombardeos,

a humanidade sen empatía iso é moi feo!



Tamen polas guerras

nas que os nenos levan metralletas.


Acúsote meco

pola explotación forestal

a ese paso, o planeta va moi mal.

Acúsote meco,

porque estamos fartos dos terremotos

que arrasan todo ao seu paso.



Acusote meco

polos furacáns

destrozan e arrollan as casas dos cidadáns



Acúsote meco

por tanto tsunami

en Xapón, Tailandia e Atami.

pola contaminación

que afecta ao planeta sen compaixón.



Acúsote meco

polas sequías



Acusote meco

pola emigración

fai que haxa explotación, que morra moita xente,

é unha exterminación!



Acúsote meco

por tantos atentados

entre bomba e bomba estamos asustados.



Xa para rematar

a sentenza imos dar Meco Lacazán

que a terra non queres coidar

Queimámoste xa! para a festa rematar.



lunes, 19 de febrero de 2018

O ROCÓDROMO VAI COLLENDO FORMA...







CIBEREXPERT@ -FAMILIAS

Tivemos a sorte de contar cun dos Inspectores da Policía Local encargado este ano do proxecto "Ciberexpert@s", que pretende aportar, tanto ao alumnado (este curso cunhas sesións formativas aos nenos e nenas de 6º curso ao longo dunha semana)como ás familias, unha mellor educación dixital, concienciando aos menores sobre a seguridade e aos seus titores sobre os riscos actuais neste ámbito. 
Tendes máis información en http://www.ciberexperto.org/




PASARRÚAS