sábado, 29 de octubre de 2022

Samaín - Halloween

Este venres 28 de outubro celebramos no cole o Samaín - Halloween.

Ao longo da semana foron chegando cabazas decoradas ao cole que colocamos na biblioteca para acendelas xusto antes de asistir á representación que fixeron os grupos de 5º e 6º sobre o conto "We're going on a ghost hunt".

O conto foi moi divertido porque os maiores o representaron con xestos e sons e tamén puidemos seguir a historia coas imaxes do conto no proxector.

E para rematar á mañá, preparamos a exposición de cabazas no patio cuberto para que toda a comunidade puidera marabillarse coas artistadas que trouxeron os cativos e cativas do cole.

Moitas grazas a todos os que participastes coas vosas cabazas!

Podedes ver aquí todas as fotos:



jueves, 27 de octubre de 2022

Horta de outubro

Este mes fomos á horta en dúas quendas: os días 11 e 25.

Ao longo deste mes os maiores crearon novos bancais e limpamos os que xa tiñamos, sachamos e abonamos o terreo tanto de dos bancais de fóra como do invernadoiro... E deixamos todo listo para os primeiros cultivos.

Os cursos máis baixos tamén axudaron a limpar o terreo, colleitamos os tomates que foron madurando, plantamos leitugas, cebolas, verdura "cale", brócoli e coliflor.

Ademais unha parte de infantil preparou sementeiros na clase por mor da chuvia que caía no momento en que ían ir á horta.

Se queredes ver as fotos do proceso, clicade na seguinte imaxe:


 

 


lunes, 17 de octubre de 2022

Visita museo Liste

O pasado venres, todo o cole foi ao museo Liste, onde descubrimos que xa tixan todo preparado para o Samaín.

Aprendemos algúns datos desta celebración, a súa orixe, algúns costumes... Cada grupo decorou unha porta terrorífica para o cole. Pasamos por un túnel do terror no que tivemos que atopar diferentes elementos agochados entre teas de araña, candeas, momias...  E para rematar, levamos unha bolsiña chea de doces para repartir no cole!

A verdade é que o pasamos moi ben. Se queredes ver todas as fotos, clicade nesta imaxe:



lunes, 3 de octubre de 2022

Horta de setembro

Comezamos o curso cunha nova organización da horta, durante este ano acudiremos á horta por quendas de traballo e non todos o mesmo día.

Así, a final de mes subiremos unha entrada xeral sobre o traballo realizado e hoxe toca subir os datos de setembro!

Comezamos facendo a limpieza da horta: sacamos o que xa non valía, limpamos as herbas, e preparamos o terreo e o invernadoiro para acoller os novos cultivos...

Os cativos de infantil, aproveitaron esa limpeza que fixeron os maiores para sementar grelos e ser os primeiros en inaugurar o terreo.

Se queredes ver as fotos do que fixemos, clicade na foto: