viernes, 23 de diciembre de 2022

Horta de Decembro

Este mes ainda que tivemos varios días festivos, puidemos ir á horta coma sempre.

Revisamos ás nosas plantacións, regamos cando fixo falta (especialmente no invernadoiro, pois coa chuvia xa se regan os bancais de fora), apañamos algún pemento...

E fixemos actividades centradas na pegada ecolóxica, analizando as nosas accións para ver se estamos sendo ecolóxicos e coidamos o noso planeta. Reflexionamos sobre se apagamos as luces cando saímos, se reciclamos, se poñemos a calefacción a  unha temperatura moderada, se imos a todas partes en coche ou tamén usamos o transporte público ou imos a pé...

Se queredes ver as fotos de todo o que fixemos, premede na foto:



jueves, 1 de diciembre de 2022

Horta de Novembro

Este mes de Novembro na horta continuamos coa limpeza de malas herbas e coidados xerais: regar, recoller tomates, revisar como van medrando os nosos cultivos...

Ademáis plantamos allos, fabas lobas e tirabeques e trasplantamos flores aos bancais.

Clicade na foto para ver o que fixo cada grupo:



jueves, 17 de noviembre de 2022

Visita Radio Vigo

O pasado xoves 10 de novembro os grupos de 4º, 5º e 6º acudiron de excursión ás oficinas de Radio Vigo e Televigo.

En primeiro lugar, puideron adentrarse un pouco máis na historia da radio da nosa cidade e coñecer por dentro como funciona unha cadea de radio. Incluso gravaron unha cuña publicitaria nunha sala de gravación real!

Na segunda parte da visita achegáronse ao funcionamento da televisión no plató de Televigo. Alí puideron experimentar co plató, o croma, efectos de imaxe, son...

Foi unha visita moi interesante. Se queredes ver o que fixemos, clicade na foto:



lunes, 14 de noviembre de 2022

Magosto

O venres celebramos o magosto no cole cun día completamente solleiro que acompañou todo o tempo.

Comezamos xuntándonos no patio cuberto para cantar e bailar o rap do magosto como xa e tradición. Despois, todos xuntos, puidemos comer o choripán e as castañas que tanto estabamos a agardar. E por último, participamos nos xogos populares que tiñamos repartidos polo patio: soga-tira, carreiras de sacos, lanza a castaña... E moitos máis!

Queredes ver as fotos do ben que o pasamos? Clicade na foto!



martes, 8 de noviembre de 2022

Primeiros auxilios

 Onte tivemos unha actividade de primeiros auxilios da man de Cole Corazón.

Aprendemos técnicas de reanimación con masaxe cardíaco, colocamos a un enfermo en postura de seguridade e descubrimos que facer cando hai un atragantamento, practicando a maniobra de Heimlich .

Os maiorres fixeron todo isto co maniquí de reaniación e os pequenos de 1º e 2º fixérono co seu peluche.

Foi unha sesión moi productiva e interesante.

Para ver as fotos de todo o que fixemos, podedes clicar na seguinte imaxe:



sábado, 29 de octubre de 2022

Samaín - Halloween

Este venres 28 de outubro celebramos no cole o Samaín - Halloween.

Ao longo da semana foron chegando cabazas decoradas ao cole que colocamos na biblioteca para acendelas xusto antes de asistir á representación que fixeron os grupos de 5º e 6º sobre o conto "We're going on a ghost hunt".

O conto foi moi divertido porque os maiores o representaron con xestos e sons e tamén puidemos seguir a historia coas imaxes do conto no proxector.

E para rematar á mañá, preparamos a exposición de cabazas no patio cuberto para que toda a comunidade puidera marabillarse coas artistadas que trouxeron os cativos e cativas do cole.

Moitas grazas a todos os que participastes coas vosas cabazas!

Podedes ver aquí todas as fotos:



jueves, 27 de octubre de 2022

Horta de outubro

Este mes fomos á horta en dúas quendas: os días 11 e 25.

Ao longo deste mes os maiores crearon novos bancais e limpamos os que xa tiñamos, sachamos e abonamos o terreo tanto de dos bancais de fóra como do invernadoiro... E deixamos todo listo para os primeiros cultivos.

Os cursos máis baixos tamén axudaron a limpar o terreo, colleitamos os tomates que foron madurando, plantamos leitugas, cebolas, verdura "cale", brócoli e coliflor.

Ademais unha parte de infantil preparou sementeiros na clase por mor da chuvia que caía no momento en que ían ir á horta.

Se queredes ver as fotos do proceso, clicade na seguinte imaxe:


 

 


lunes, 17 de octubre de 2022

Visita museo Liste

O pasado venres, todo o cole foi ao museo Liste, onde descubrimos que xa tixan todo preparado para o Samaín.

Aprendemos algúns datos desta celebración, a súa orixe, algúns costumes... Cada grupo decorou unha porta terrorífica para o cole. Pasamos por un túnel do terror no que tivemos que atopar diferentes elementos agochados entre teas de araña, candeas, momias...  E para rematar, levamos unha bolsiña chea de doces para repartir no cole!

A verdade é que o pasamos moi ben. Se queredes ver todas as fotos, clicade nesta imaxe:



lunes, 3 de octubre de 2022

Horta de setembro

Comezamos o curso cunha nova organización da horta, durante este ano acudiremos á horta por quendas de traballo e non todos o mesmo día.

Así, a final de mes subiremos unha entrada xeral sobre o traballo realizado e hoxe toca subir os datos de setembro!

Comezamos facendo a limpieza da horta: sacamos o que xa non valía, limpamos as herbas, e preparamos o terreo e o invernadoiro para acoller os novos cultivos...

Os cativos de infantil, aproveitaron esa limpeza que fixeron os maiores para sementar grelos e ser os primeiros en inaugurar o terreo.

Se queredes ver as fotos do que fixemos, clicade na foto:



martes, 28 de junio de 2022

Festival de fin de curso

O mércores 22 rematamos as clases e fixemos o festival de fin de curso para despedirnos dos compañeiros e familias.

Foi un día moi intenso e emotivo no que tivemos actuacións, bailes, música... E por suposto a celebración do paso a primaria do grupo de 5 anos e a despedida dos nosos compañeiros de 6º que marchan para o instituto.

Dende aquí desexámosvos a todos unhas moi felices vacacións de verán e enviamos unha aperta especialmente forte aos nosos compañeiros que deixan o cole.

Se queredes ver as fotos podedes acceder á galería completa dende esta foto:

E aquí tedes as actuacións do festival:

INFANTIL



1º E.P.




2º E.P.



3º E.P.



4º E.P.



5º E.P.



6º E.P.



jueves, 16 de junio de 2022

Horta de xuño

 O martes 14 de xuño tivemos a nosa última sesión de horta da man de Xaruma que leva colaborando con nós dende principio de curso a través do proxecto de Voz Natura.

Para rematar o curso, fixemos unha limpeza e preparación da horta. E obtivemos os pigmetos de diferentes prantas: da folla do tomate, leituga, lombarda e cenizo. Tamén do xantel, o repolo, dente de león, pataca e perexil.

Se queredes ver todas as fotos podedes clicar nesta imaxe:


 

martes, 7 de junio de 2022

Facemos curtas en Stop Motion!

Os grupos de 3 anos e 3º de primaria apuntáronse a un concurso no que tiveron que facer unha curtametraxe coa técnica do Stop Motion (moitas fotos que ao pasalas rápido crean o efecto do movemento).

Grazas a esta iniciativa, a editorial OQO dotounos dun lote de libros de entre os que cada grupo escolleu un para facer a súa historia. Os cativos de 3 anos elexiron o conto "Sopa verde" e o grupo de 3º de primaria escolleu "Un conto cheo de lobos".

Podedes ver o resultado clicando en cada vídeo. A verdade é que o pasaron en grande preparando o escenario, as personaxes, os diálogos...

Son uns artistas!