viernes, 3 de abril de 2020

A NOSA HORTA

Lembrades como estaba a nosa horta a comezo de curso? Estaba cos restos da colleita de finais do verán, herba seca, outras malas herbas crecendo...
Pois durante este inverno, apareceron uns elfos maiores, que limparon todo e prepararon o chan, para que quedase bonitiño e listo para sementar...e logo, apareceron uns elfos máis pequeniños, que o abonaron, sementaron e tamén transplantaron.
Cun pouco de tempo,sol e co mimo e coa auga que lle deu estes días de encerro Mari Carmen, a nosa muller da limpeza... mirade todo o que temos! Como está a crecer a nosa horta!!!
Temos cenorias, pementos, as nosas leitugas, patacas, calabacín...Cando esteamos de volta menudas ensaladas imos a facer!!




Atletismo no CUVI

Tivemos a ocasión de ir a practicar altletismo ás enormes instalacións que ten o CUVI ,xunto con outros nenos e nenas doutros coles.
 Relevos, lanzamento de peso, salto de lonxitude...pasáronno en grande!!