viernes, 25 de marzo de 2022

Obradoiros "Mulleres inventoras"

Esta semana fixemos ciencia da man de Ciencia en movemento.

O luns comezamos os pequenos de infantil e 1º e 2º, que coñecimos algunhas mulleres científicas que fixeron historia como a inventora do lavalouza: Josephine Cochrane ou a inventora do filtro de café: Melitta Bentz.

Ademais nós mesmos nos convertemos en científicos e cientícas:

- Comprobamos a importancia do xabón nun experimento no que unha gotiña de xabón "fixo fuxir a suciedade".

- Fixemos unha cromatografía  cun papel do filtro do café que absorbía a auga e extendía unha mancha de tinta que foi medrando e cambiando de cor, descompoñendo así a cor negra.

- Comprobamos a presión da atmósfera dándolle a volta a un vaso cheo de auga tapado cun papel e observando que non caía a auga.

O martes chegou o turno dos maiores que igual que os grupos de 1º e 2º ademáis do que fixeron os pequenos de infantil, descubriron a inventora da xiringa dunha soa man, que foi Letitia Geer, e o monopoly, inventado por Elizabeth Magie.

Tamén descubriron un plástico chamado poliparafenileno, ou kevla, que non rompe e é moi lixeiro e que se usa para fabricar os cascos de moto e os coche de Fórmula 1.

E por supusto tamén se converteron en científicos con diversos experimentos como:

- Apagar unha candean tapándoa cun vaso para comprobar como o lume consoume o osíxeno.

- Experimentos cunha bengala metida en auga.

- Envasado ao vacío cunha nube, un tupper e un bombín (para ver o efecto da presión que exerce o aire).

Como podedes ver fixemos un montón de cousas!

Clicade na foto para ver todas as fotos e experimento:



VOLEIBOL CON XOGADE EN 5º e 6º

Este luns o grupo de 5º e 6º participou nunha actividade de voleibol dentro do programa XOGADE.

Puideron practicar este deporte e disputar algún partido con diferentes colexios que tamén estaban alí.

Pasárono en grande desfrutando deste deporte.

Podedes ver todas as fotos clicando nesta imaxe:



miércoles, 23 de marzo de 2022

Visita Museo do Mar 3º, 4º, 5º e 6º

 A semana pasada os maiores de primaria dende 3º ata 6º de primaria visitaron o Museo do Mar para facer dúas actividades diferentes:

3º de primaria participou dunha actividade de arqueoloxía na que puideron visitar o Castro que se descubriu na zona exterior ao museo e despois visitar a exposición de restos arqueolóxicos da prehistoria e da época dos romanos e civilizacións castrexas.

O mellor chegou ao final cando puideron buscar restos na súa propia excavación arqueolóxica e logo identificar de que obxectos se trataba e a súa época.


Pola súa parte, 4º, 5º e 6º participaron na actividade de intermareal na que nun primeiro momento recibiron unha guía de especies, cunchas, aves, crustáceos... que podían atopar na praia e outra ficha para ir identificando as especies que atoparan.

Despois foron ao acuario para identificar na ficha que tiña as especies de peixes que alí viven.

Como vedes foros dúas experiencias moi interesantes e vivenciais.

Queredes ver todo o que fixeron? Clicade na foto!



miércoles, 16 de marzo de 2022

Horta de Marzo

Na nosa visita á horta do mes de Marzo incorporamos novos cultivos aos que xa tiñamos.

Os cativos de infantil trasplantaron os primeiros brotes de puerro que tiñamos preparados do mes anterior no sementeiro e plantaron tamén caléndula, para encher de flor a nosa horta e atraer aos insectos polinizadores de cara á primavera.

Aproveitamos tamén para investigar e buscar algúns bechiños na zona do composteiro, atopamos miñocas, un cempés e un becho bola.

Os compañeiros de primaria pola súa parte plantaron berenxenas e cebolas e varias aromáticas como herba boa, tomiño, melisa ou ceboliño.

Ademáis, limparon de malas herbas e remexeron o compost do composteiro para axudar no proceso.

Queredes ver todo o que fixemos dentro do proxecto de horto de Voz Natura? Clicade na foto



lunes, 7 de marzo de 2022

Horta febreiro

Con todo o entroido, o día de Rosalía e a saida dos maiores ao CUVI para facer a actividade de atletismo, esquecimos subir as fotos do noso último día de febreiro na horta!

Pero aquí estamos para poñerlle solución e ensinarvos como seguimos avanzando co Proxecto de Voz Natura na horta.

Como veredes plantamos moitos cultivos novos, especialmente hortalizas. Todo o cole participou, cada un cun producto diferente e así agora temos: puerro, rábanos, cenorias, pepino, espinacas e por útlimo sementamos as sementes de tomate que preparamos o mes pasado.

Algúns destes vexetais todavía estan no sementeiro, agardando a que medren un pouco máis para ser transplantadas nos bancais, pero xa comezamos a ver os primeiro brotes.

Os maiores tamén aproveitaron para arrincar as herbas que medraron onde non debían e para medir o invernadoiro e saber cantos metros de plástico precisamos comprar para cambiarlle a cuberta.

Se queredes ver todo isto, non tedes máis que clicar nesta imaxe: