lunes, 21 de mayo de 2018

MAIOS 2018


O pasado 16 de maio festexamos no colexio os Maios e o día das Letras Galegas, adicadas este ano a Mª Victoria Moreno.
Bailamos, cantamos e recitamos. O pasamos estupendamente!
Agradecementos ás familias pola vosa participación e tamén ao grupo de música tradicional "Tarambainas" por amenizar a nosa xornada.
Esperámosvos o vindeiro ano a tod@s!!





                                                            O MAIO ESPACIAL

XA CHEGOU O MAIO
COAS SÚAS COUSAS

E PARA CONTALAS

CANTAMOS ESTA COPLA.



NADA MÁIS CHEGARMOS

FOMOS EMBARCAR

XUNTOS TODO O COLE

EN XIAXE ESPACIAL.

(XUNTOS TODO O COLE EN VIAXE ESPACIAL)



DESDE O CUNQUEIRO

CHAMOU CANDEANINA

ESTÁBANNA CURANDO

QUE ESTABA MOI MALIÑA.



PRONTO VEU O OUTONO

PARA NOS ENFRIAR

CON CABAZAS DIVERTIDAS

E CASTAÑAS PRA RILLAR

(CON CABAZAS DIVERTIDAS E CASTAÑAS PARA RILLAR)



CAMIÑANDO XUNTOS

TODOS POLA PAZ

IGUALIÑOS TODOS

NON HAI NADA QUE CHISTAR



CAEUNOS UN ÁRBOL

E SEN AVISAR

FOI A GRAVIDADE

QUE SE PUXO A EMPURRAR.

(FOI A GRAVIDADE QUE SE PUXO A EMPURRAR)



PLANTAMOS UNS BULBOS

TODOS SOLIDARIOS

REGADOS CON BICOS

FOI  NOSO AGASALLO



DESTA OUTRA VOLTA

 VEUNOS A CONTAR

ANXO MOURE UN CONTO

QUE  NOS FIXO DISFRUTAR

(ANXO MOURE UN CONTO QUE NOS FIXO DISFRUTAR)



ESTES CONTOS TODOS

HOUBO QUE IR BUSCAR

A PLATURNO EN NAVE

SEN PODER REPOSTAR.



CANDO  DE REGRESO

E XA BEN CARGADOS

ANTES DA MADROA

AQUÍ NOS ESTRELAMOS

(ANTES DA MADROA AQUÍ NOS ESTRELAMOS)



XA NOS DESPEDIMOS

PARA NON CANSARVOS

BOTADE UNS RISOS

E MÁIS UNS APRAUSOS.


MONTAXE DO MAIO

Un ano máis, agradecervos ás familias a aportación do material, flores, fiúnchos e axuda precisos para a montaxe do Maio. Quedou precioso!!!






martes, 15 de mayo de 2018

CHOUSA DE AMORODOS

Nas pasadas semanas tivemos a sorte de contar coa familia de Anxo (os seus pais e o seu avó) que nos axudaron a poñer en condicións o terreo para plantar amorodos. No seguinte video tendes o proceso.
Queremos agradecerlles, ademáis de a eles, a Esperanza Rodríguez Domínguez, de Xardinería "O Arce" (Camiño do Pío, 34, Candeán) por donar as plantas de amorodos e o abono. E, como non, ao avó Manuel que donou a tea antiherbas.
Así da gusto!!!



lunes, 14 de mayo de 2018

RETO DA MASCARILLA

Mila, a mamá de Jon e Naica, viu a explicarnos o por que do nome da asociación na que participa "Bicos de papel" (porque dan bicos a través da máscara que é de papel) e a mostrarnos o uso que se lle dá á mascarilla, así como outras medidas hixiénicas e preventivas a ter en conta á hora de ir a ver ás persoas que están hospitalizadas e teñen perigo de contaxiarse por mor dos virus ou bacterias que levemos con nós, xa que na situación na que están fan que teñan moi baixas as defensas.
 Tamén propúxonos un reto: levar a mascarilla para poñernos na pel dos que a deben ter durante moito tempo e así comprobar sensacións. 
Aceptamos o reto e uns aguantaron máis que outros.
Gracias Mila!!

lunes, 23 de abril de 2018

CANTOS E RITMOS DA ÁFRICA NEGRA

A semana pasada toda a Primaria tivemos a sorte de poder disfrutar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo do espectáculo ofertado pola Escola Municipal de Música. 
Unha mestura de música, danza e conto, onde se narra a historia dun explorador en busca dunha preciada bolboreta a través dos diferentes países do continente Africano.


lunes, 9 de abril de 2018

DESCUBRINDO A NOSA CONTORNA

Que mellor maneira de coñecer o que nos rodea que visualizándoo directamente. 
Cantas cousas curiosas aprendimos!!

viernes, 23 de marzo de 2018

POSTO SOLIDARIO




Queremos agradecer a todos os rapaces e rapazas, nais, pais, avós, avoas e demáis familia de todo o alumnado, o cariño e o traballo co que participastes nesta actividade e as donacións ofrecidas. 
"Xuntos sumamos" faise visible! 
Agradecemento tamén á familia de Paula e Nico pola aportación das remolachas, que tamén foron a parar a algunha casa. Graciñas a Agro Comercial Lito por ofrecernos os testos, e axudarnos a conseguir os bulbos máis económicos.
Lembrade que o Posto Solidario volve o vindeiro 16 de maio, desta vez con loureiros, acivros e saquiños e aceites aromáticos.
MIL GRAZAS DE NOVO POR PARTICIPAR!!!



 

No seguinte enlace podedes acceder á noticia da Voz de Galicia sobre o evento:FLORES PARA COLOREAR A LEUCEMIA


Easter Egg Hunt con Ed Infantil