miércoles, 5 de febrero de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Este ano, para festexar este día, estivemos traballando a figura de Wangari Maathai, activista medioambiental, entre moitas outras cualidades , que recibiu o Nobel da Paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo.

A través do conto "Wangari y los árboles de la paz", o alumnado de cada curso tivo a oportunidade de ler esta estupenda historia e facer unha pequena actuación ante o resto do colexio: presentadores, leron frases, comentaron a biografía, o resumo do conto...
Posteriormente, para pechar este día, os pequeniños agasalláronnos cunha danza mahorí e logo todos e todas bailamos "A danza da paz", de Mamá Cabra. Asimesmo cada un de nós lemos a nosa pequena aportación para construir un mundo mellor.











miércoles, 29 de enero de 2020

TALLER DE IGUALDADE

Coma todos os anos, Elsa, dende o Concello, traballa co alumnado a igualdade de xénero.
 Aprendemos divertíndonos!



 
BICARBONATO + AUGA=....NEVE!!!!!!!!!!!!!!! 
XOGANDO COAS REACCIÓNS QUÍMICAS!






martes, 21 de enero de 2020

OS MONSTROS DAS BOLECHAS!!!

Infantil e 1º meteron as mans na masa e fixeron una boa cantidade de bolechas... de rechupete!! 
 






MINIMUNDOS (Talleres de coeducación)

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º tamén disfrutaron da actividade de coeducación. Menudo despregamento que fixeron!! 
Menuda tribo india!!!  👏


COEDUCACIÓN

Os máis pequechos do cole traballaron a coeducación a través do contido do libro "El cordero que es un cerdito". Ambientando a situación nunha granxa e participando todos e todas nas tarefas precisas.

miércoles, 15 de enero de 2020

CHARLA SOBRE DROGADICCIÓN

Os maiores do cole tiveron unha chala sobre drogadicción, ofertada polo Concello. 
Mitos e realidades dunha lacra que por desgraza aínda existe hoxe en día. 





EDUCAR CON LÍMITES NO RESPECTO MÚTUO

Non perdades a oportunidades de resolver as vosas dúbidas e plantexar preguntas con este tema tan interesante. 
Esperámosvos na biblioteca do cole!
Venres, 31 de xanerio ás 18:00 horas.