miércoles, 23 de febrero de 2022

Xornada de atletismo en pista

O martes 22 de febreiro os grupos de 5º e 6º de primaria paticiparon  na xornada de atletismo en pista, organizada polo Programa Xogade.

Competiron con outros colexios en carreiras de relevos, 500 metros lisos e 60 metros lisos. Tamén puideron practicar o lanzamento de peso, vórtex e salto de lonxitude.

Pero o máis importante foi o ben que o pasaron.

Clicando nesta imaxe podedes acceder á galería con todas as fotografías deste día:



viernes, 4 de febrero de 2022

Celebramos o día da PAZ

Onte xuntámonos todo o cole para poder facer a nosa celebración polo día da Paz despois de levar toda a semana preparándonos e traballando sobre o tema.

Este ano vencellamos o día da Paz co coidado do noso planeta, pois temos que poder vivir nun sitio coidado que nos poida aportar esa paz que precisamos.

Así preparamos entre todos un mural con algunhas ideas que podemos seguir para acadar este obxectivo:

- Separa os envases, o papel, as pilas.

- Non te pases coa auga da ducha.

- Camiña, o coche contamina.

- Apaga a luz cando te vaias.

- Coida o teu planeta cun soriso.

E por último durante a celebración bailamos ao ritmo da canción "El mensaje de Nina" que fala sobre a necesidade de coidar o noso planeta e da que sacamos as frases para o noso mural.

Pasámolo en grande!

Se queredes ver as fotos e o video da celebración podedes clicar nesta imaxe:




lunes, 31 de enero de 2022

Reto "Divulgamos"

 Durante este mes de xaneiro o noso reto de Voz Natura foi a divulgación de información relacionada co coidado da natureza e sobramente o logramos, pois estamos a participar no programa "Pilabot" a través do que reciclamos pilas usadas.

Con este motivo o alumnado está concienciando nas súas casas da importancia de reciclar en xeral, e en concreto, das pilas.

Ademais os compañeiros de 4º de primaria crearon un video explicativo e os grupos de 5º e 6º fixeron diferentes carteis para concienciar sobre a importancia da reciclaxe de pilas.

Polo que podemos dicir eso de... Reto conseguido!

Noraboa a todos e moitas grazas pola contribución que entre todos estamos a facer na caixa de pilas usadas que temos no cole.

Xa estamos listos para un novo reto!










viernes, 28 de enero de 2022

Horta de Xaneiro

Tiñamos pendente ensinarvos as fotos de cando fumos á horta para facer limpeza dos cultivos, abonado do terreo e de paso plantar algunha nova plantiña, pois algúns animais entraron no noso invernadoiro e comeron parte da que ía ser a nosa colleita... Cousas que pasan!

Os grupos de infantil transplantaron cebola dende un sementeiro. 

Mentres que os maiores encagáronse de plantar acelgas e chícharos.

Se queredes ver todas as fotos do proceso, podedes clicar nesta imaxe:

E como sabedes, todas estas accións están relacionadas co Proxecto de Voz Natura no que participamos.



martes, 18 de enero de 2022

Nadal

 Xa levamos varios días de curso pero todavía non puideramos compartir con vos o ben que o pasamos o último día do trimestre pasado na festa de Nadal.

Recordades todos os bailes, actuacións, a chocolatada ou a visita dos Reis Magos? Menuda viaxe fixeron que chegaron ao cole en bicicleta!

Se queredes recordar o ben que o pasamos, podedes clicar nesta imaxe para ver todas as fotos:



lunes, 20 de diciembre de 2021

Reto Reutilizamos

Este mes o Eco-reto de Voz Natura foi sobre a reutilización de materiais. Por este motivo, no cole elaboramos os nosos adornos para a árbore de Nadal con material reutilizado.

Podedes ver que empregamos de todo: tubos de papel hixiénico, botellas de plástico, paus, CD's, cápsulas de café... A imaxinación non ten límites.

E dende aquí aproveitamos para desexarvos... Bo Nadal!


Se queredes ver todo o que fixemos, podedes premer na seguinte imaxe:


miércoles, 15 de diciembre de 2021

Horta de Decembro

 Chegou o frío e aproveitamos para plantar algunhas cousiñas que resistan as temperaturas máis baixas que están chegando.

No horto e relacionado co Proxecto de Voz Natura, plantamos allos, chícharos e tirabeques, e a partir de 3º de primaria sacaron a semente do tomate para preparalas de cara á primavera.

Tamén aproveitamos que todavía quedaban follas caídas para recollelas e facer unha manta coa que tapar os novos cultivos e que desta forma garden mellor a calor e poidan medrar con máis facilidade.

Se queredes ver as fotos completas do día na horta, premede nesta imaxe:



miércoles, 24 de noviembre de 2021

Horta de Novembro

Onte todo o cole volveu sair á nosa horta para comezar a plantar especies de inverno. Pensaredes que imos un pouco adiantados, pero ainda que todavía estamos en outono o frío xa está chegando e precisamos plantas que aguanten temperaturas máis baixas.

Por este motivo os cativos de infantil e 1º e 2º, colleron parte do compost que tiñamos no composteiro para peneiralo e poder fertilizar a terra onde posteriormente plantaron tulipáns, iris e transplantaron unhas poucas fresas que quedaran do mes pasado.

Pola súa banda, os grupos de 3º a 6º de primaria estiveron a comprobar o pH da terra do horto coa escala do pH da lombarda antes de sementar. Así puideron observar os diferentes tipos de pH dende os máis ácidos aos máis básicos con: vinagre, Coca-Cola, terra, lixivia de cinza e lixivia común.

Podedes premer na foto para ver todas as fotos desta actividade do Proxecto de Voz Natura. 📸