lunes, 13 de noviembre de 2023

MAGOSTO 2023

Segue a ilusionarnos cada ano, a celebración deste día tan noso!

Bailes, castañas, chourizos e xogos...

Que máis se pode pedir?

(Acceso ás fotos a través da imaxe)

 

jueves, 2 de noviembre de 2023

SAMAÍN 2023

Nestes terroríficos días tivemos a oportunidade de facer e ver un montón de cousas. Aquí tendes unha mostra dos días divertidos de traballo que tivemos.

Grazas ás familias por colaborar!

Clicade na imaxe para acceder ao contido.



CABACIÑAS DO TERROR!!

 Como cada ano, seguimos a abraiarnos do traballo que levades na casa para facer esta mostra tan espectacular de cabazas. Graciñas a tod@s por participar! Quedaron de medo!

Clica na imaxe para ver a exposición.



lunes, 16 de octubre de 2023

HORTA DE OUTUBRO

Xa estamos de volta coa horta!

Na imaxe tendes o acceso a diversas fotos do proceso de limpeza e posta a punto.

Cada mes do curso, temos actividades programadas, xunto con XARUMA, para seguir
obtendo o mellor da nosa terra e implicando aos nen@s nun mundo máis sostible.




sábado, 24 de junio de 2023

Fin de curso

Hai nada que comezamos en setembro un novo curso e xa chegamos ao final deste camiño.

O tempo pasou voando e fixemos mil cousas, pero en lugar de poñernos morriñentos, imos celebrar con alegría este novo ano de experiencias, crecemento e aprendizaxes.

Por iso celebramos o festival de fin de curso onde todos puidemos aportar o noso gran de arena para que o espectáculo non parase. Foi un día cheo de emocións.

Deixamos aquí o enlace coas fotos e tamén os videos de cada actuación para todas aquelas familias que non puideron asistir.

Feliz verán para todos!