miércoles, 3 de abril de 2024

BECHOSSS!!

 Non che sei quen lle ten máis medo a quen!!😁

A de cantidade de bechos que puideron tocar e coñecer grazas a Diego, un papá do cole. 💖 


HORTA DE MARZO

 No mes de marzo aproveitamos para apañar o resto da produción que quedaba, comezamos a sementar para o posterior trasplante e a replantar os bulbos que xa tiñan brotado. 

En nada xa temos de novo a horta completa!


O BOSQUE ATLÁNTICO

 

Non sabiamos que tiñamos tan preto 25 das nosas marabillosas árbores autóctonas. Nun percorrido non moi grande, no CUVI, puidemos observalas e, grazas a Marcos, aprender moito delas e da nosa contorna.

Excursión moi recomendable para ir coa familia!

miércoles, 21 de febrero de 2024

HORTA DE FEBREIRO


Bechos e máis bechos...Ás veces témolles medo, outras veces noxo, pero...
Sabiades que son os nosos aliados na horta?
Por iso, e para telos cómodos, fixémoslles un hotel! Menudos deseños, especialemente indicados para eles.
(clica na imaxe para ver o álbum)

lunes, 19 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024


 Quenes o pasaron de marabilla no Entroido???? 

O alumnado, familias e profes do Cole de Candeán!

Moitísimas grazas a eses e esas cociñeir@s que tan ricas larpeiradas nos fixeron. 

Un ano máis estádevos a superar!

Tamén a aquel@s atrevid@s que optaron por disfrazarse con nós. Para o vindeiro ano queremos ver máis disfraces!

(clicar na imaxe para ver a galería)


viernes, 9 de febrero de 2024

MANDAS DO MECO


HAI QUE FACERLLE CASO AO MECO!! MARTES, MÉRCORES E XOVES, A MANDAR!! 

AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA DA VOSA IMAXINACIÓN .

(CLICADE NA IMAXE)


 

viernes, 2 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ

 30 DE XANEIRO. Un ano máis celebrando o compañeirismo, a amizade e o bo estar. Este ano compartimos poemas co CEIP Eduardo Pondal.

 

HORTA DE XANEIRO

 A pesares da chuvia, dende Xaruma seguen a ensinarnos cousas sobre a horta. 

Menudos espantallos tan  xeitosos nos quedaron!😍