Que ben rematar o curso recibindo o agradecemento ao traballo de tod@s!!!
A palabra "comunidade" cobra todo o seu sentido. Graciñas!!
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
viernes, 6 de julio de 2018
martes, 26 de junio de 2018
Festival Fin de Curso
Bailes, cancións, orquestras e teatro...outro ano máis demostrando os artistas que son!!
Promocións: uns que marchan e outros que chegan; e entregas do resultado dun ano de traballo por parte de toda a comunidade.
Cansos, pero satisfeitos do traballo ben feito.
Deica o vindeiro curso!! Disfrutade das vacacións!!
lunes, 4 de junio de 2018
Contacontos co IES Carlos Casares
A pasada semana ,alumnado do IES Carlos Casares viu a contarlles aos rapaces moitas historias.
Tendes toda a actividade no Blogue da Biblioteca. Graciñas por visitarnos!!!
jueves, 24 de mayo de 2018
lunes, 21 de mayo de 2018
HORTO SOLIDARIO II
Como xa sabedes, o dia 16 de maio tamén aproveitamos para facer o segundo mercadillo solidario.
Tralas actuacións da rapazada, o alumnado presentou os postos, lembrando o que fixo cada curso para levar a cabo a actividade.
Queremos agradecer á Presidenta de Bicos de Papel por vir a vernos, e ela comentounos a necesidade destes proxectos e da labor destas asociacións.
Ao día seguinte, saímos no xornal da Voz De Galicia.
MAIOS 2018
O pasado 16 de maio festexamos no colexio os Maios e o día das Letras Galegas, adicadas este ano a Mª Victoria Moreno.
Bailamos, cantamos e recitamos. O pasamos estupendamente!
Agradecementos ás familias pola vosa participación e tamén ao grupo de música tradicional "Tarambainas" por amenizar a nosa xornada.
Esperámosvos o vindeiro ano a tod@s!!
XA
CHEGOU O MAIO
|
O
MAIO ESPACIAL
|
COAS SÚAS COUSAS
E PARA CONTALAS
CANTAMOS ESTA COPLA.
NADA MÁIS CHEGARMOS
FOMOS EMBARCAR
XUNTOS TODO O COLE
EN XIAXE ESPACIAL.
(XUNTOS TODO O COLE EN VIAXE ESPACIAL)
DESDE O CUNQUEIRO
CHAMOU CANDEANINA
ESTÁBANNA CURANDO
QUE ESTABA MOI MALIÑA.
PRONTO VEU O OUTONO
PARA NOS ENFRIAR
CON CABAZAS DIVERTIDAS
E CASTAÑAS PRA RILLAR
(CON CABAZAS DIVERTIDAS E CASTAÑAS PARA RILLAR)
CAMIÑANDO XUNTOS
TODOS POLA PAZ
IGUALIÑOS TODOS
NON HAI NADA QUE CHISTAR
CAEUNOS UN ÁRBOL
E SEN AVISAR
FOI A GRAVIDADE
QUE SE PUXO A EMPURRAR.
(FOI A GRAVIDADE QUE SE PUXO A EMPURRAR)
PLANTAMOS UNS BULBOS
TODOS SOLIDARIOS
REGADOS CON BICOS
FOI NOSO
AGASALLO
DESTA OUTRA VOLTA
VEUNOS A
CONTAR
ANXO MOURE UN CONTO
QUE NOS FIXO
DISFRUTAR
(ANXO MOURE UN CONTO QUE NOS FIXO DISFRUTAR)
ESTES CONTOS TODOS
HOUBO QUE IR BUSCAR
A PLATURNO EN NAVE
SEN PODER REPOSTAR.
CANDO DE
REGRESO
E XA BEN CARGADOS
ANTES DA MADROA
AQUÍ NOS ESTRELAMOS
(ANTES DA MADROA AQUÍ NOS ESTRELAMOS)
XA NOS DESPEDIMOS
PARA NON CANSARVOS
BOTADE UNS RISOS
E MÁIS UNS APRAUSOS.
MONTAXE DO MAIO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












