Estimadas familias, como este ano non puidemos desfrutar dos maios no cole, dende
E.I., fixemos a proposta de facer un pequeno maio cada un na súa casa.
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
martes, 12 de mayo de 2020
miércoles, 29 de abril de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Aínda que non poidamos vernos estes días...o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 17 de maio, podémolo festexar igual.
Ata ese día, aquí tendes un montón de actividades e webs para ir ollando cousiñas e curioseando.
Este ano, está adicado ao escritor e filósofo RICARDO CARVALHO CALERO
1) POWER POINT DO HOMENAXEADO (CLICAR NA FOTO)
2) ACTIVIDADES VARIADAS
(clicar en cada unha das fotos)
"As pitas baixo a choiva"
"Colorear letras galegas"
"De vieiros A Scórpio"
" O buscador de libros"
"Letras galegas 2020"
"Letras para contar un país"
"Seminario Galán"
martes, 28 de abril de 2020
RECOLLIDA DE LEITUGAS
Tras a recollida do pasado luns das leitugas da rapazada, así queda a nosa horta, con un montón de hortalizas e tubérculos todavía por crecer e dar os seus froitos!
PATACAS!
PEMENTOS!!!
CEBOLAS!!
LEITUGAS ENRIBA...REMOLACHAS DEBAIXO!!

AMORODOS!
lunes, 13 de abril de 2020
Mari Carmen ensínanos a horta
Aquí temos un vídeo que nos fixo Mari Carme para que vexamos como está a crecer todo o plantado.
Mil grazas!
viernes, 3 de abril de 2020
A NOSA HORTA
Lembrades como estaba a nosa horta a comezo de curso? Estaba cos restos da colleita de finais do verán, herba seca, outras malas herbas crecendo...
Pois durante este inverno, apareceron uns elfos maiores, que limparon todo e prepararon o chan, para que quedase bonitiño e listo para sementar...e logo, apareceron uns elfos máis pequeniños, que o abonaron, sementaron e tamén transplantaron.
Cun pouco de tempo,sol e co mimo e coa auga que lle deu estes días de encerro Mari Carmen, a nosa muller da limpeza... mirade todo o que temos! Como está a crecer a nosa horta!!!
Temos cenorias, pementos, as nosas leitugas, patacas, calabacín...Cando esteamos de volta menudas ensaladas imos a facer!!
Atletismo no CUVI
Tivemos a ocasión de ir a practicar altletismo ás enormes instalacións que ten o CUVI ,xunto con outros nenos e nenas doutros coles.
Relevos, lanzamento de peso, salto de lonxitude...pasáronno en grande!!
martes, 17 de marzo de 2020
O MONTE VIVO
Un ano máis, a charla "O monte vivo", promove entre a rapazada a necesidade de coidar os nosos montes. É responsabilidade nosa previr e ter certas atitudes de valor de cara a nosa contorna. Así como valorar e respectar a labor dos e das profesionais implicadas neste sector. Unha labor que ás veces non se presencia pero moi valiosa e, en ocasións, perigosa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































