O alumnado de Candeán! Coma todos os anos, non deixamos a mínima oportunidade para facer uns pasos na festa dos Maios e Letras Galegas e crear cousas así de bonitiñas.
Estimadas familias, como este ano non puidemos desfrutar dos maios no cole, dende
E.I., fixemos a proposta de facer un pequeno maio cada un na súa casa.
Ensinámosvos
algunas das fotiños que nos van chegando e non poden ser máis bonitos!!!
Tras a recollida do pasado luns das leitugas da rapazada, así queda a nosa horta, con un montón de hortalizas e tubérculos todavía por crecer e dar os seus froitos!
Lembrades como estaba a nosa horta a comezo de curso? Estaba cos restos da colleita de finais do verán, herba seca, outras malas herbas crecendo...
Pois durante este inverno, apareceron uns elfos maiores, que limparon todo e prepararon o chan, para que quedase bonitiño e listo para sementar...e logo, apareceron uns elfos máis pequeniños, que o abonaron, sementaron e tamén transplantaron.
Cun pouco de tempo,sol e co mimo e coa auga que lle deu estes días de encerro Mari Carmen, a nosa muller da limpeza... mirade todo o que temos! Como está a crecer a nosa horta!!!
Temos cenorias, pementos, as nosas leitugas, patacas, calabacín...Cando esteamos de volta menudas ensaladas imos a facer!!