Tanto os pequenos do cole coma os maiores, tiveron o seu momento para demostrar que traballaron un montón estes anos e nós reconocémoslles ese traballo.
Feliz paso de etapa!
A seguir crecendo!
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
Tanto os pequenos do cole coma os maiores, tiveron o seu momento para demostrar que traballaron un montón estes anos e nós reconocémoslles ese traballo.
Feliz paso de etapa!
A seguir crecendo!
E chegou o final! Xa marchamos! Que mellor despedida e benvida ás vacacións que unhas cantas actuacións!! 👏👏👏
Xa, como derradeiro día, aínda que é un día de despedidas...que mellor que botar unhas risas cun paiaso!!!
Grazas de novo á ANPA por esta oportunidade e gargalladas!!
Aquí tendes un resumo das actividades feitas na nosa contorna, aproveitando o que nos brinda a natureza.
O 5 DE XUÑO FOI O DÍA DO MEDIO AMBIENTE. AGRADECÉMOSLLE Á NATUREZA TODO O QUE NOS DÁ CON ESTE CORAZÓN CREADOS POLOS NENOS CON ELEMENTOS DA MESMA.
O ALUMANDO DE 6º DE PRIMARIA, COMO DESPEDIDA, PLANTARON UNHA MACEIRA, E PARA LOCALIZAR O MELLOR SITIO, EMPREGARON A RADIESTESIA, CUNHAS VARIÑAS.
A semana pasada, Ramón tivo a ben ensinarnos os roteiros que percorren parte do Monte Vixiador, ensinándonos os significados das lendas e todas as curiosidades que podemos atopar por alí: mámoas, sobreiras, tritóns, gran variedade de árbores...
Xa temos máis controlada a nosa contorna!
Agora toca coidala!