lunes, 14 de noviembre de 2022

Magosto

O venres celebramos o magosto no cole cun día completamente solleiro que acompañou todo o tempo.

Comezamos xuntándonos no patio cuberto para cantar e bailar o rap do magosto como xa e tradición. Despois, todos xuntos, puidemos comer o choripán e as castañas que tanto estabamos a agardar. E por último, participamos nos xogos populares que tiñamos repartidos polo patio: soga-tira, carreiras de sacos, lanza a castaña... E moitos máis!

Queredes ver as fotos do ben que o pasamos? Clicade na foto!



martes, 8 de noviembre de 2022

Primeiros auxilios

 Onte tivemos unha actividade de primeiros auxilios da man de Cole Corazón.

Aprendemos técnicas de reanimación con masaxe cardíaco, colocamos a un enfermo en postura de seguridade e descubrimos que facer cando hai un atragantamento, practicando a maniobra de Heimlich .

Os maiorres fixeron todo isto co maniquí de reaniación e os pequenos de 1º e 2º fixérono co seu peluche.

Foi unha sesión moi productiva e interesante.

Para ver as fotos de todo o que fixemos, podedes clicar na seguinte imaxe:



sábado, 29 de octubre de 2022

Samaín - Halloween

Este venres 28 de outubro celebramos no cole o Samaín - Halloween.

Ao longo da semana foron chegando cabazas decoradas ao cole que colocamos na biblioteca para acendelas xusto antes de asistir á representación que fixeron os grupos de 5º e 6º sobre o conto "We're going on a ghost hunt".

O conto foi moi divertido porque os maiores o representaron con xestos e sons e tamén puidemos seguir a historia coas imaxes do conto no proxector.

E para rematar á mañá, preparamos a exposición de cabazas no patio cuberto para que toda a comunidade puidera marabillarse coas artistadas que trouxeron os cativos e cativas do cole.

Moitas grazas a todos os que participastes coas vosas cabazas!

Podedes ver aquí todas as fotos:



jueves, 27 de octubre de 2022

Horta de outubro

Este mes fomos á horta en dúas quendas: os días 11 e 25.

Ao longo deste mes os maiores crearon novos bancais e limpamos os que xa tiñamos, sachamos e abonamos o terreo tanto de dos bancais de fóra como do invernadoiro... E deixamos todo listo para os primeiros cultivos.

Os cursos máis baixos tamén axudaron a limpar o terreo, colleitamos os tomates que foron madurando, plantamos leitugas, cebolas, verdura "cale", brócoli e coliflor.

Ademais unha parte de infantil preparou sementeiros na clase por mor da chuvia que caía no momento en que ían ir á horta.

Se queredes ver as fotos do proceso, clicade na seguinte imaxe:


 

 


lunes, 17 de octubre de 2022

Visita museo Liste

O pasado venres, todo o cole foi ao museo Liste, onde descubrimos que xa tixan todo preparado para o Samaín.

Aprendemos algúns datos desta celebración, a súa orixe, algúns costumes... Cada grupo decorou unha porta terrorífica para o cole. Pasamos por un túnel do terror no que tivemos que atopar diferentes elementos agochados entre teas de araña, candeas, momias...  E para rematar, levamos unha bolsiña chea de doces para repartir no cole!

A verdade é que o pasamos moi ben. Se queredes ver todas as fotos, clicade nesta imaxe:



lunes, 3 de octubre de 2022

Horta de setembro

Comezamos o curso cunha nova organización da horta, durante este ano acudiremos á horta por quendas de traballo e non todos o mesmo día.

Así, a final de mes subiremos unha entrada xeral sobre o traballo realizado e hoxe toca subir os datos de setembro!

Comezamos facendo a limpieza da horta: sacamos o que xa non valía, limpamos as herbas, e preparamos o terreo e o invernadoiro para acoller os novos cultivos...

Os cativos de infantil, aproveitaron esa limpeza que fixeron os maiores para sementar grelos e ser os primeiros en inaugurar o terreo.

Se queredes ver as fotos do que fixemos, clicade na foto:



martes, 28 de junio de 2022

Festival de fin de curso

O mércores 22 rematamos as clases e fixemos o festival de fin de curso para despedirnos dos compañeiros e familias.

Foi un día moi intenso e emotivo no que tivemos actuacións, bailes, música... E por suposto a celebración do paso a primaria do grupo de 5 anos e a despedida dos nosos compañeiros de 6º que marchan para o instituto.

Dende aquí desexámosvos a todos unhas moi felices vacacións de verán e enviamos unha aperta especialmente forte aos nosos compañeiros que deixan o cole.

Se queredes ver as fotos podedes acceder á galería completa dende esta foto:

E aquí tedes as actuacións do festival:

INFANTIL



1º E.P.




2º E.P.



3º E.P.



4º E.P.



5º E.P.



6º E.P.



jueves, 16 de junio de 2022

Horta de xuño

 O martes 14 de xuño tivemos a nosa última sesión de horta da man de Xaruma que leva colaborando con nós dende principio de curso a través do proxecto de Voz Natura.

Para rematar o curso, fixemos unha limpeza e preparación da horta. E obtivemos os pigmetos de diferentes prantas: da folla do tomate, leituga, lombarda e cenizo. Tamén do xantel, o repolo, dente de león, pataca e perexil.

Se queredes ver todas as fotos podedes clicar nesta imaxe: