viernes, 17 de febrero de 2023

Entroido

Esta semana comezamos cumprindo as ordes do Meco. E fixémolo de xeito moi orixinal.

Se queredes ver as fotos dos complementos cos que fomos ao cole clicade nesta imaxe:


E rematamos por todo o alto a semana co comparsa de entroido e a desgustación de orellas na merenda. Mirade, mirade! Pasámolo en grande!

 

Moitas grazas a todas as familias que nos acompañastes no percorrido pola contorna do cole!

Feliz Entroido!


jueves, 2 de febrero de 2023

Actividades sensoriais en infantil

As últimas dúas sesións de participación das familias nas aulas de infantil foron centradas en actividades sensoriais que gustaron moito ao alumnado.

En primeiro lugar, con Leo, a nai de Antón puidemos facer neve artificial de tres xeitos diferentes: con maicena, con cueiros e por último con bicarbonato. Tivemos sorte de que fixemos moita cantidade e todavía conservamos unha pouca na mesa sensorial que temos na clase pequena. Ademais tamén nos contou un dos contos favoritos de Antón: "Invisible".

A final de mes, foi Míriam, a nai de Noa, a encargada de asombrarnos co conto de "Leotolda" con luz negra que acompañou dun debuxo e xogos con pinturas e elementos fluorescentes que nos fixeron desfrutar moito do momento, ata que subimos as persianas e acabou a maxia da luz negra.

Grazas familias por participar no cole :)

Se queredes ver todas as fotos, clicade na imaxe:



miércoles, 1 de febrero de 2023

Teatro en inglés

O alumnado de 5º e 6º foi ao teatro Afundación para ver a obra de teatro "What monster?" da compañia On stage, dentro das actividades que se organizan dende a sección bilingüe do centro.

Se queredes ver as fotos, clicade na imaxe:



martes, 31 de enero de 2023

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Este ano seguimos a idea de UNICEF xa que "para que a paz sexa algo máis que un símbolo, temos que traballar cada día en facelo realidade", pero a través dos símbolos da paz que trabaallou cada curso, puidemos abrir debate sobre o que entendemos por paz e non violencia.

Os símbolos escollidos foron:

            - Infantil: pomba branca

            - 1º: símbolo hippie

            - 2º: mans brancas

            - 3º: ramiña de oliveira

            - 4º: grullas de papel

            -5º e 6º: palabra "paz" en hebreo e árabe


Se queredes ver as fotos da celebración, clicade na imaxe:



jueves, 26 de enero de 2023

Horta de xaneiro

Comezamos o ano preparando a nosa horta para o frío: limpamos as malas herbas, regamos dentro do invernadoiro e recollimos follas para facer unha manta que manteña quentes as prantas.

No bancal de fora tamén limpamos de herbas e observamos o crecemento dos allos e cebolas.

Coa cuberta de follas puidemos comprobar como deste xeito a auga aguanta máis tempo e as prantas conservan a humidade mellor, reducindo así a necesidade de rega.

Se queredes ver o que fixemos, xa sabedes, clicade na foto:



martes, 10 de enero de 2023

Nadal 2022

Retomamos o trimestre coa actividade que fixemos o pasado 22 de decembro, cando celebramos que xa chegaba o Nadal.

Foi un día moi divertido, comezamos cunha chocolatada con churros e continuamos coa visita dos Reis Magos acompañados pola banda de música de Candeán, para rematar coas actuacións que cada grupo preparou para o resto do cole.

Se queredes ver as fotos completas desde día, clicade na seguinte foto:



viernes, 23 de diciembre de 2022

Horta de Decembro

Este mes ainda que tivemos varios días festivos, puidemos ir á horta coma sempre.

Revisamos ás nosas plantacións, regamos cando fixo falta (especialmente no invernadoiro, pois coa chuvia xa se regan os bancais de fora), apañamos algún pemento...

E fixemos actividades centradas na pegada ecolóxica, analizando as nosas accións para ver se estamos sendo ecolóxicos e coidamos o noso planeta. Reflexionamos sobre se apagamos as luces cando saímos, se reciclamos, se poñemos a calefacción a  unha temperatura moderada, se imos a todas partes en coche ou tamén usamos o transporte público ou imos a pé...

Se queredes ver as fotos de todo o que fixemos, premede na foto:



jueves, 1 de diciembre de 2022

Horta de Novembro

Este mes de Novembro na horta continuamos coa limpeza de malas herbas e coidados xerais: regar, recoller tomates, revisar como van medrando os nosos cultivos...

Ademáis plantamos allos, fabas lobas e tirabeques e trasplantamos flores aos bancais.

Clicade na foto para ver o que fixo cada grupo: