HAI QUE FACERLLE CASO AO MECO!! MARTES, MÉRCORES E XOVES, A MANDAR!!
AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA DA VOSA IMAXINACIÓN .
(CLICADE NA IMAXE)
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
HAI QUE FACERLLE CASO AO MECO!! MARTES, MÉRCORES E XOVES, A MANDAR!!
AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA DA VOSA IMAXINACIÓN .
(CLICADE NA IMAXE)
30 DE XANEIRO. Un ano máis celebrando o compañeirismo, a amizade e o bo estar. Este ano compartimos poemas co CEIP Eduardo Pondal.
A pesares da chuvia, dende Xaruma seguen a ensinarnos cousas sobre a horta.
Menudos espantallos tan xeitosos nos quedaron!😍
Non nos cansamos (nin cansaremos) desta celebración!
Baile, música, festa e...chocolate!!
🎅🎄🎉
(clicade na imaxe)
O alumnado de 4º EP recibiu tres sesións de atletismo da man de Fito e Pablo do CSCRBeade, dentro do Plan de deporte escolar Xogade .
Fixeron carreiras de velocidade e relevos. Saltos de lonxitude e altura. Lanzamentos de peso e vórtex.👌
(enlace a través da foto)
Este martes acompañounos de novo Xaruma para seguir traballando na horta, mais o tempo non nos acompañou e permitiu sair fóra.
Aínda así, estas rapazas trouxeron actividades para poder seguir aprendendo montón de cousas referentes aos vexetais dentro das aulas.
(Acceso ás fotos a través da imaxe)
BAIXO O MESMO PARAUGAS
Onte, 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A nosa ANPA, a través da iniciativa de APAMP de Vigo, elaborou esta preciosidade.
Que todas as persoas con discapacidade sexan cidadáns de pleno dereito!