miércoles, 22 de mayo de 2024

HORTA DE MAIO

 Unha actividade xenial, creativa e de reciclaxe. Como aproveitar camisetas ou bolsas de algodón e as flores e plantas que atopemos para facer unha estampación. Quedaron chulísimas!


DÍAS DAS LETRAS GALEGAS E MAIOS

Outro ano mási demostrando as habilidades de baile e instrumentais destes nen@s. Graciñas a todas as familias por vir e pola aportación de flores para a creacion do maio. 

Seguiremos traballando polo gusto da nosa cultura e tradición!Este ano, aprendimos un montón sobre Luisa Villalta, a homenaxeada no Día das Letras Galegas.



 

 

SAÍDA ÁS CÍES

O alumnado de sexto de infantil e terceiro de primaria foron de visita ás Illas Cíes tras gañar un concurso. Que mellor agasallo que unha visita guiada pola nosas Cíes!


lunes, 6 de mayo de 2024

PROGRAMA DE PREVENCIÓN CONTRA A DROGADICCIÓN

 O alumnado de 5º e 6º, durante o mes de abril, tivo unhas serie de charlas para preveir condutas que leven ás adicións (tabaco, alcohol, videoxogos...)

(clicade na  imaxe para máis)


sábado, 27 de abril de 2024

VOLEIBOL CON XOGADE

 

Actividade de Voleibol con moitos máis centros de Vigo. Unha xornada de convicencia e respecto polo deporte e polos deportistas. Iniciativa de XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar)

(clicade na foto para ver máis)



INNOVART 24 CIDADE DA CULTURA

 4º , 5º e 6º de Primaria foron de viaxe a Santiago, á Cidade da Cultura  para visitar InnovArt, un evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia.Alí puideron ver as actividades que realizan diferentes centros de FP e de Idiomas. A cantas ensinazas se poden acceder, e moitas delas moi curiosas e interesantes!

(clicade na imaxe para ver máis)

jueves, 18 de abril de 2024

HORTA DE ABRIL

Neste mes os máis pequechos estiveron limpando e plantando leitugas. Os maiores plantaron cenorias, tomates e pepino. Remataron de por a punto a horta e regaron.
 Xa queda nada para ver os froitos!
(clicando na imaxe veredes todas as fotos)



 

HIP HOP EN 5º E 6º DE PRIMARIA

Temos un bo grupo de Hip Hop! Que rápido aprenderon e como lles gustou!

(clicade na imaxe para ver máis)👏