Dende o outono pasado tivemos en acollida sete árbores autóctonas. Cada clase ocupouse dos coidados da súa árbore ata que este curso xa estiveron listas para a súa plantación no noso monte.
Por este motivo, esta semana (coincidindo co día internacional
do patrimonio mundial) e en relación co Proxecto de Voz Natura no que participa o centro, fumos ao monte Vixiador a plantar as nosas árbores
autóctonas.
Para poder levar a cabo esta actividade contamos coa
colaboración da Comunidade de Montes de Candeán que nos facilitou as árbores e
preparou o terreo para a plantación. Aos que dende aquí damos as grazas e
agardamos seguir colaborando en futuros proxectos medioambientais.
Chegado o día da plantación, comezamos cun roteito de
recoñecemento de árbores polo parque forestal. Buscamos as árbores máis
significativas, identificamos as súas follas… e en definitiva investigamos na
natureza.
Previamente, no cole, cada aula identificou a súa árbore e
preparou unha pequena presentación coa que homenaxeala no momento da plantación.
Ademais, para que todos os que pasen por alí saiban que árbores son as que
temos plantadas, o noso conserxe Cibrán preparou uns letreiros identificativos en
madeira co nome de cada árbore e o curso que se encargou de plantala. Polo que
tamén temos que agradecerlle a Cibrán a súa colaboración.
Xa vedes que todos colaboramos nesta actividade. E iso é
precisamente o que queremos que fagades vos, indo de cando en cando a visitar
as nosas árbores, coidar que teñan o espazo limpo… Para que de aquí a moitos
anos teñamos unhas árbores fermosas e fortes.
Se queredes ver a galería completa podedes premer na foto: