O pasado venres tivemos a enorme sorte de coñecer un novo deporte da man da esgrimista Judith Rodríguez.
Coincidindo coa día da muller, durante a semana estivemos coñecendo a súa traxectoria profesional como muller deportista que non se rinde ante as adversidades, e por fin o venres puidemos coñecela.
Poderíamos contar moitas cousas dela: que comezou con 8 aniños a practicar esgrima, que agora compite en cadeira de rodas, que ten múltiples medallas en diferentes campionatos (tanto a nivel nacional como mundial), que é un exemplo de superación e un modelo para as novas xeracións... Pero por enriba de todo isto é unha magnífica persoa.
Encantounos coñecela e ver o cercana que é e a seguridade que transmite.
Deixamos a continuación as imaxes deste día e a entrevista que lle fixeron algúns compañeiros de primaria.
Moitas grazas, Judith! E tamén moitas grazas a Olalla e Carlos, pais de Víctor e Sofía, que foron os que fixeron que esta actividade fora posible.
Se queredes escoitar a entrevista a Judith, tédela aquí: