viernes, 2 de junio de 2023

Actividade de golf con XOGADE

Este xoves os grupos de 5º e 6º participaron nunha actividade de golf dentro do programa XOGADE.

Puideron iniciarse neste deporte e desfrutar dunha xornada deportiva do máis interesante no Real Aeroclub de Vigo.

Podedes ver todas as fotos clicando nesta imaxe:


 

jueves, 25 de mayo de 2023

Horta maio

Neste mes de maio, ou mes das flores, aproveitamos para facer un obradoiro con plantas aromáticas e flores secas. Con lavanda, romeu, tomiño, menta, herba luisa... Fixemos uns saquiños que levamos para aromatizar as nosas casas.

Ademais, continuamos a regar e coidar os nosos cultivos para que sigan medrando fortes e sans.

Se queredes ver as fotos do obradoiro, clicade na imaxe:



jueves, 27 de abril de 2023

Horta abril

Este mes de abril, como vimos facendo dende principio de curso, fomos á nosa horta para mantela limpa, regar e á vez plantar novos cultivos.

Desta vez plantamos pementos, tomate, coliflor, acelgas, calabacín... E transpalantamos herbas aromáticas como albahaca, herba boa e melisa.

Se queredes ver todas as fotos clicade aquí:



miércoles, 19 de abril de 2023

Visita Naturnova

O pasado venres os grupos de infantil, 1º e 2º de primaria fomos a Naturnova a unha exposición sobre o Sol, ainda que tamén puidemos montar nun submariño para descubrir a riqueza das nosas augas e valorar a importancia de manter o planeta limpo e coidado.

Se queredes ver as fotos deste día, clicade na imaxe:



lunes, 10 de abril de 2023

Facemos ensalada

Aproveitando as leitugas da horta, os compañeiros de 1º, 2º e 4º de primaria prepararon unhas riquísimas e moi completas ensaladas.

Ao principio, a algún non lle facía moita gracia o de comer leituga, pero despois non quedou nada!

Podedes acceder aquí para ver todas as fotos:



Horta do mes de marzo

Durante o mes limpamos de malas herbas, regamos e colleitamos un par de leitugas.

Sementamos cenorias e nun sementeiro praparamos tomates para que medren e poder transplantar no futuro. Tamén plantamos prímulas e algunha outra flor para dar cor e atraer aos insectos polinizadores que tanto ben fan nas hortas e no campo.

Podedes ver aquí todas as fotos:




lunes, 13 de marzo de 2023

Esgrima con Judith Rodríguez

O pasado venres tivemos a enorme sorte de coñecer un novo deporte da man da esgrimista Judith Rodríguez.

Coincidindo coa día da muller, durante a semana estivemos coñecendo a súa traxectoria profesional como muller deportista que non se rinde ante as adversidades, e por fin o venres puidemos coñecela.

Poderíamos contar moitas cousas dela: que comezou con 8 aniños a practicar esgrima, que agora compite en cadeira de rodas, que ten múltiples medallas en diferentes campionatos (tanto a nivel nacional como mundial), que é un exemplo de superación e un modelo para as novas xeracións... Pero por enriba de todo isto é unha magnífica persoa.

Encantounos coñecela e ver o cercana que é e a seguridade que transmite.

Deixamos a continuación as imaxes deste día e a entrevista que lle fixeron algúns compañeiros de primaria.

Moitas grazas, Judith! E tamén moitas grazas a Olalla e Carlos, pais de Víctor e Sofía, que foron os que fixeron que esta actividade fora posible.

Se queredes escoitar a entrevista a Judith, tédela aquí:

 



miércoles, 1 de marzo de 2023

Horta de febreiro

Este mes ainda que fixo frío a nosa horta non para.

Coma sempre fixemos as tarefas de limpeza de herbas e rega dos cultivos que temos plantados.

Tamén comprobamos a capacidade de retención de auga en dous botes con terra cuberta con follas e sen elas, para darnos de conta da importancia das follas na retención da terra e que así se protexa o chan.

E como xa está a piques de chegar a primavera plantamos prímulas e amorodos.

Se queredes ver as fotos de todo isto, clicade na imaxe: