Dende a foto tendes o enlace a todas as grandes interpretacións que fixo o alumnado do centro: bailes, instrumentos, teatro...un ano máis o esforzo e os ensaios deron o seu froito.
Feliz verán a tod@s!
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
Dende a foto tendes o enlace a todas as grandes interpretacións que fixo o alumnado do centro: bailes, instrumentos, teatro...un ano máis o esforzo e os ensaios deron o seu froito.
Feliz verán a tod@s!
Sofía Venzel fixo un pequeno obradoiro con 5º e 6º para crear unha ilustración que "contase algo". Entrade e admirade as creacións!!
FOI UN DÍA...XENIAL!!💕
Visita a Meirande e á Illa de San Simón: aprendimos e xogamos, natureza, compañeir@s...
Unha actividade xenial, creativa e de reciclaxe. Como aproveitar camisetas ou bolsas de algodón e as flores e plantas que atopemos para facer unha estampación. Quedaron chulísimas!
Seguiremos traballando polo gusto da nosa cultura e tradición!Este ano, aprendimos un montón sobre Luisa Villalta, a homenaxeada no Día das Letras Galegas.
O alumnado de sexto de infantil e terceiro de primaria foron de visita ás Illas Cíes tras gañar un concurso. Que mellor agasallo que unha visita guiada pola nosas Cíes!
O alumnado de 5º e 6º, durante o mes de abril, tivo unhas serie de charlas para preveir condutas que leven ás adicións (tabaco, alcohol, videoxogos...)
(clicade na imaxe para máis)
Actividade de Voleibol con moitos máis centros de Vigo. Unha xornada de convicencia e respecto polo deporte e polos deportistas. Iniciativa de XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar)
(clicade na foto para ver máis)