miércoles, 25 de mayo de 2022

Horta de maio

Onte fomos á horta, pero non foi para sementar, se non para colleitar e despois cociñar!

Co que conseguimos da nosa horta preparamos dúas riquísimas receitas: un paté de tirabeques e un batido de acelgas, mazá e plátano. E o máis especial é poder facelo cos nosos productos recén colleitados.

Queredes a receita? Tomade nota:

PATÉ DE TIRABEQUES:

Ingredientes (para 17 persoas aprox):

- 150 gr de tirabeques

- 50 gr. de anarcados

- 1/4 de cebola

- 1 dente de allo

- zume de medio limón

- sal

- 3 culleradas de aceite de oliva

- panciños para untar o paté

Preparación:

Poñer os froitos secos a remollo durante media hora en auga temperada.

Mentres, botar dúas culleradas de aceite na tixola e quentar. Engadir o allo, a cebola picada, e unha vez teñan cor, agregar os tirabeques. Refogalos durante uns minutos.

A continuación escorrer a auga dos anacardos e botalos no bote da batedeira. Agregar os tirabeques, un chisco de sal, o zume de limón e 1 cullerada de aceite. Bater ben ata obter unha pasta.

Untar en panciños e a comer!


BATIDO DE ACELGAS:

Ingredientes (para 17 persoas aprox):

- 75 gr de acelgas

- 3 mazás verdes grandes

- 2 plátanos

- auga

Preparación:

Lavar e cortas as follas das acelgas, retirando as partes brancas (soamente utilizaremos a parte verde das follas).

Pelar e cortar en anacos as mazás e os plátanos.

Bater todo na batedeira, engadindo auga segundo se queira máis espeso ou máis líquido.

Servir frío preferiblemente.


Coma sempre podedes ver aquí as fotos da nosa visita á horta que cultivamos ao longo do curso dentro do proxecto de Voz Natura e os pasos para o cociñado



lunes, 23 de mayo de 2022

Obradoiro de igualdade

O pasado venres os grupos de 5º e 6º de infantil e 2º, 4º, 5º e 6º de primaria, participaron no obradoiro de igualdade que impartiu Elsa no noso centro.

Con cada grupo foi adaptando e cambiando os xogos que fixeron e os temas dos que falaron, pero sempre dende a perspectiva da igualdade.

Se queredes ver todas as fotos, podedes clicar nesta imaxe:



miércoles, 18 de mayo de 2022

Maios e letras galegas 2022

 A semana pasada celebramos no cole o día das letras galegas e os maios nunha festa conxunta.

As familias que se achegaron ao cole puideron escoitar os poemas de Florencio Delgado que cada curso recitou e observaron os bailes tan orixinais que todos prepararon.

Ao remate destas actuacións todos nos xuntamos ao redor do noso maio para cantarlle  a copla que lle adicamos.

Foi un día moi alegre e especial!

Como sabemos que non todos puidestes asistir, tedes todas as actuacións colgadas en YouTube. Podedes acceder á lista de reproducción con todas as actuación aquí:

E coma sempre, podedes ver as fotos deste día clicando na seguinte foto para acceder á galería de imaxes:




martes, 17 de mayo de 2022

OBRADOIRO CIENTÍFICO OS VENRES POLA TARDE

 O noso centro continúa a súa andadura nos contratos programas ofertados pola Xunta e neste curso decidimos ir un paso máis alá iniciándonos no contrato-programa Eduexcelencia, que a través de distintos obradoiros científicos un grupo de alumnas e alumnos gozan de diferentes actividades para mellorar os seus coñecementos no ámbito científico, aproveitando a motivación e creatividade innata do alumnado.


                                                          Se queredes ver máis clicade na foto

jueves, 5 de mayo de 2022

Obra de teatro "Saaabor!"

Onte, tivemos a sorte de desfrutar do espectáculo "Saaabor!" grazas á ANPA que subvencionou esta actividade que a Afundación representou no noso cole, .

Foi un espectáculo cómico con maxia, música e humor no que falamos da alimentación saudable con Félix Rodríguez e Fran Rei, dous chefs que nos acompañaron ao longo de toda a función facéndonos rir a esgalla. Entremezclado coa música, os chefs prepararon un caldo, unhas verduras que catou o profe Alberto e mesmo unha tortilla francesa que a nosa compañeira Naira puido degustar para dar o seu "like".

Pasámolo en grande!

Se queredes ver máis fotos desta actividade, clicade na foto:



miércoles, 4 de mayo de 2022

Obradoiro de cociña solar

 Hoxe os grupos de infantil, 1º e 2º participamos nun obradoiro no que fixemos unha cociña solar.

A partir dunha caixa de zapatos, cortamos unha "ventaniña" na tapa para que puidera entrar o sol, cubrimos as paredes con papel aluminio e puxemos no fondo unha cartolina negra que absorve máis os raios do sol e fai que se quente máis.

Despois de crear a nosa cociña solar, puxemos dentro diferentes productos para comprobar se se cociñaban.

Os que puxeron ovos (de galiña e de codorniz) non tiveron tempo suficiente para comprobar que se coceran un pouquiño, pero os grupos que puxeron unha porción de queixo, puideron ver como as esquinas comezaban a derreterse e estaba un pouco máis brandiño.

Mirade aquí como foi o noso obradoiro: