O pasado 16 de maio festexamos no colexio os Maios e o día das Letras Galegas, adicadas este ano a Mª Victoria Moreno.
Bailamos, cantamos e recitamos. O pasamos estupendamente!
Agradecementos ás familias pola vosa participación e tamén ao grupo de música tradicional "Tarambainas" por amenizar a nosa xornada.
Esperámosvos o vindeiro ano a tod@s!!
XA
CHEGOU O MAIO
COAS SÚAS COUSAS
E PARA CONTALAS
CANTAMOS ESTA COPLA.
NADA MÁIS CHEGARMOS
FOMOS EMBARCAR
XUNTOS TODO O COLE
EN XIAXE ESPACIAL.
(XUNTOS TODO O COLE EN VIAXE ESPACIAL)
DESDE O CUNQUEIRO
CHAMOU CANDEANINA
ESTÁBANNA CURANDO
QUE ESTABA MOI MALIÑA.
PRONTO VEU O OUTONO
PARA NOS ENFRIAR
CON CABAZAS DIVERTIDAS
E CASTAÑAS PRA RILLAR
(CON CABAZAS DIVERTIDAS E CASTAÑAS PARA RILLAR)
CAMIÑANDO XUNTOS
TODOS POLA PAZ
IGUALIÑOS TODOS
NON HAI NADA QUE CHISTAR
CAEUNOS UN ÁRBOL
E SEN AVISAR
FOI A GRAVIDADE
QUE SE PUXO A EMPURRAR.
(FOI A GRAVIDADE QUE SE PUXO A EMPURRAR)
PLANTAMOS UNS BULBOS
TODOS SOLIDARIOS
REGADOS CON BICOS
FOI NOSO
AGASALLO
DESTA OUTRA VOLTA
VEUNOS A
CONTAR
ANXO MOURE UN CONTO
QUE NOS FIXO
DISFRUTAR
(ANXO MOURE UN CONTO QUE NOS FIXO DISFRUTAR)
ESTES CONTOS TODOS
HOUBO QUE IR BUSCAR
A PLATURNO EN NAVE
SEN PODER REPOSTAR.
CANDO DE
REGRESO
E XA BEN CARGADOS
ANTES DA MADROA
AQUÍ NOS ESTRELAMOS
(ANTES DA MADROA AQUÍ NOS ESTRELAMOS)
XA NOS DESPEDIMOS
PARA NON CANSARVOS
BOTADE UNS RISOS
E MÁIS UNS APRAUSOS.