viernes, 22 de diciembre de 2017

martes, 19 de diciembre de 2017

Saquiños Aromáticos con Sandra



O NOSO LITORAL

Dende Normalización Lingüística  do Concello, trouxéronnos a Flavia, que moi amablemente explicounos as diferentes especies que podemos atopar no noso litoral, así  como a entender por que debemos respectar este ecosistema.
Vimos as diferentes algas,crustáceos...ata un ovo  de manta-raia e un cabalo de mar!


domingo, 17 de diciembre de 2017

ARMOUSE O BELÉN!!

Magnífico traballo, un ano máis do alumnado e familias!! Precioso!! 😍😍😍😍😍😍










Aquí tendes o vídeo de como se fixo.




https://quik.gopro.com/v/RkMLMbbAXa/




Psicoloxía e adolescencia

O pasado xoves contamos coa visita de Jose Cardama, do Gabinete Arca que falou coas familias sobre os actuais problemas cos que nos atopamos cos adolescentes, insistindo na necesidade de establecer unhas regras, normas e horarios xa dende idades moi pequenas para poder evitalos. 
As familias aproveitaron tamén para amosar as súas inquedanzas e dúbidas. 
Graciñas a Jose e ás familias por participar nestas charlas tan amenas!



viernes, 1 de diciembre de 2017

APRENDEMOS COA POLICÍA LOCAL

A Policía Local de Vigo axudounos a percibir os erros máis frecuentes que cometemos como peóns cando imos pola rúa. Agora xa somos peóns máis resposables!! 

Click to play this Smilebox collage

lunes, 20 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

Outro ano máis celebramos o Magosto no cole. Castañas, chourizos, bailes e xincanas!. Aquí deixámosvos un resumo do ben que o pasamos.





miércoles, 1 de noviembre de 2017

MUSEO LISTE




Co motivo do Samaín, o Museo Liste convidounos a visitar o lugar. Alí unhas bruxas explicáronnos a evolución da festividade, nos maquillaron, construimos un morcego...ata tivemos que buscar pistas para localizar a unha fada que estaba agochada. E, como nos portamos ben, tivemos un agasallo!

 Acceso ás actividades do Museo Liste: http://www.museoliste.org/index.php?pag=exposiciones


http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/10/25/museo-liste-celebra-samain-talleres/1557501.html 

lunes, 30 de octubre de 2017

BICOS DE PAPEL

"Los grandes héroes se esconden detrás de personas pequeñitas"

Bicos de papel é unha asociación que coa súa labor axuda ás familias dos nenos oncolóxicos dende o momento cero. Agarimón invítavos a clicar máis abaixo e informarvos das actividades tan variadas que realizan e tamén como podedes axudarlles.


https://bicosdepapel.org/

https://www.facebook.com/AsocBicosdepapel/