lunes, 28 de octubre de 2019

XORNADA MICOLÓXICA

Tralas explicacións dadas na charla, o pasado mércores subimos ao Monte Vixiador á procura de cogumelos.
Unha xornada estupenda onde os buscamos, os analizamos e...os degustamos!!!
A verdade é que nin é tan sinxelo atopalos, nin analizalos. Debemos de contar sempre coa presenza dun experto!! 
Como di Moisés: "Non mira máis o que corre, senon o que se fixa"
Moitísimas gracias a Moisés, Jose Luis e Óscar por prepararnos unha xornada tan fantástica (e saborosa) !!!😍








REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR (RCP)

As enfermeiras do Álvaro Cunquerio tiveron a ben ensinarnos os pasos que debemos de levar a cabo para facer unha RCP cando nos atopemos con unha persoa inconsciente que non respire nin teña pulso.
Practicamos co boneco, empregamos un desfibrilador e tamén vimos como reaccionar ante un atragantamento.
Moitísimas gracias por ensinarnos!