Actividade de Voleibol con moitos máis centros de Vigo. Unha xornada de convicencia e respecto polo deporte e polos deportistas. Iniciativa de XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar)
(clicade na foto para ver máis)
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
Actividade de Voleibol con moitos máis centros de Vigo. Unha xornada de convicencia e respecto polo deporte e polos deportistas. Iniciativa de XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar)
(clicade na foto para ver máis)
4º , 5º e 6º de Primaria foron de viaxe a Santiago, á Cidade da Cultura para visitar InnovArt, un evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia.Alí puideron ver as actividades que realizan diferentes centros de FP e de Idiomas. A cantas ensinazas se poden acceder, e moitas delas moi curiosas e interesantes!
Temos un bo grupo de Hip Hop! Que rápido aprenderon e como lles gustou!
(clicade na imaxe para ver máis)👏
Non che sei quen lle ten máis medo a quen!!😁
A de cantidade de bechos que puideron tocar e coñecer grazas a Diego, un papá do cole. 💖
No mes de marzo aproveitamos para apañar o resto da produción que quedaba, comezamos a sementar para o posterior trasplante e a replantar os bulbos que xa tiñan brotado.
En nada xa temos de novo a horta completa!
Non sabiamos que tiñamos tan preto 25 das nosas marabillosas árbores autóctonas. Nun percorrido non moi grande, no CUVI, puidemos observalas e, grazas a Marcos, aprender moito delas e da nosa contorna.
Excursión moi recomendable para ir coa familia!