martes, 11 de diciembre de 2018

EXPOSICIÓN CANDEANINA

Xa tendes a oportunidade de ver as grandes obras de arte sobre Candeanina na planta baixa do colexio! Felicidades a tod@s por estes grandes traballos! 



CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Outro ano máis veu visitarnos Elsa, para traballar cos rapaces, dende os máis pequenos aos maiores a igualdade entre mulleres e homes.

jueves, 8 de noviembre de 2018

SEGURIDADE VIAL

Onte, Pilar tivo a ben explicarnos as normas que temos que cumprir para ir con seguridade cando vaiamos montados en bicicleta. Cousas básicas que non coñecíamos e que a partires de agora aplicaremos cando saiamos á rúa. 
Lembrade, non é o mesmo ser un peón que o condutor dun vehículo!



 

lunes, 29 de octubre de 2018

CÉLULAS

Como coverter unhas células nun saboroso postre...mmmmmm!!! 
(Alumnado de 5º de primaria)






ABRAZAMOS OS MONTES

Co motivo do aniversario da queima dos nosos montes, varios centros de Vigo reunímonos para lembrar que entre todos podemos axudar a que non se repitan estes feitos. Plantamos uns carballos para repoboar unha parcela do monte de Valadares e reunímonos no Monte dos Pozos para, unidos, dar a entender que non queremos que se repita esa desfeita.
SOMOS CORTALUMES!!





lunes, 15 de octubre de 2018

MUSEO MARCO

Todo o alumnado, fomos visitar o Museo MARCO, onde puidemos ver parte da exposición de Xulio Verne e onde aprendimos multitude de curiosidades tanto do escritor como de canto influiu na nosa sociedade. Quedamos con ganas de máis!! 


















jueves, 27 de septiembre de 2018

OS MUÍÑOS

Álvaro, que forma parte dun grupo de veciños que pretender manter viva a boa imaxe dos muíños da nosa zona, contounos a seguintes cousas:
Os muíños están preto de ríos para aproveitar a enerxía da auga, que choca contra unha roda de pás, que fai xirar as pedras que moen o millo (esplicounos as súas partes)
Algúns dos muíños teñen torres altas de pedra para almacenar a auga e que esta caia con máis forza. Contounos que tradicionalmente a xente se reunía nestes lugares e se divertían mentres esperaban para facer a moenda. De aquí xurdiron cantigas e a muiñeira, onde as faldas das mozas, ao xirar, facían a forma da pedra do muíño, por iso se chama así.
Hoxe en día, nesta zona, os ríos están cheos de lixo, que bota o ser humano e que afecta ás árbores e outras especies animais, ademáis de contaminar a auga, que neste caso chega ata a praia de Arealonga, na nosa ría.
Os veciños agrupáronse para limpar esta zona, atoparon todo tipo de escombros moitos deles  sorprendéronnos (restos de motos, neveiras, uralitas..) Nalgún caso, aproveitáronse para reciclalas e facer con elas esculturas e outras obras de arte.
En definitiva, ás veces o ser humano ensucia o monte, afectando ás nosas zona de interese ecolóxico e cultural. Mantén limpo o monte!
Alumnado de 5º e 6º de Primaria. 














lunes, 17 de septiembre de 2018

BENVIDOS NEN@S DE 1º



Xa que os rapaces e rapazas de 1º de Primaria son novatos nesto do patio do recreo...fixemos un xogo para que coñecesen cada recuncho, que facer nel e cales son as normas a seguir e, de paso, relacionarse con outros neno@s doutras aula. E mira!, descubrimos que este curso, o noso PDI é sobre a arte!