martes, 29 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Gran día de xincana, entrega dos credenciais dos encargad@s, carnés para os nov@s...cantas cousas para festexar o día das bibliotecas!! Este ano, o noso PDI :
"Mens sana in córpore sano"...xogos relacionados coa temática. 
Lembrade que temos a biblioteca aberta a tod@s de luns a venres de 16:00 a 17:00 horas.
















lunes, 28 de octubre de 2019

XORNADA MICOLÓXICA

Tralas explicacións dadas na charla, o pasado mércores subimos ao Monte Vixiador á procura de cogumelos.
Unha xornada estupenda onde os buscamos, os analizamos e...os degustamos!!!
A verdade é que nin é tan sinxelo atopalos, nin analizalos. Debemos de contar sempre coa presenza dun experto!! 
Como di Moisés: "Non mira máis o que corre, senon o que se fixa"
Moitísimas gracias a Moisés, Jose Luis e Óscar por prepararnos unha xornada tan fantástica (e saborosa) !!!😍








REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR (RCP)

As enfermeiras do Álvaro Cunquerio tiveron a ben ensinarnos os pasos que debemos de levar a cabo para facer unha RCP cando nos atopemos con unha persoa inconsciente que non respire nin teña pulso.
Practicamos co boneco, empregamos un desfibrilador e tamén vimos como reaccionar ante un atragantamento.
Moitísimas gracias por ensinarnos!








viernes, 25 de octubre de 2019

CHARLA SOBRE COGUMELOS

Moisés e Jose Luis voltaron para darnos unhas nocións básicas sobre os cogumelos (que son, como son, para que serven, curiosidades, a súa importancia para o bosque...). Quedamos abraiados coa de cousas curiosas que nos dixeron. 
Xa estamos máis preparados para ir a buscarlos ao monte! 






martes, 15 de octubre de 2019

EDUCACIÓN VIAL. OBSERVAMOS A CONTORNA

O alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a oportunidade de analizar as vantaxes e desvantaxes dos diferentes elementos que hai na vía pública da nosa contorna, así como aprender estratexias para convertirse nuns peóns exemplares.