Seica fai tempo que non tiñades noticias do que está a facer Candeanina polo cole. Pois traémosvos novidades: Esta semana puxemos a punto a nosa horta escolar!
Todos os grupos, dende os máis cativos ata os máis maiores, colaboraron para que o invernadoiro e o campiño que temos estén listos para producir novos cultivos. Estas accións están incluidas tamén dentro do Proxecto de Voz Natura no que participamos.
Ademáis, retiramos os amorodos que quedaban do curso pasado e os levamos a casa nunha maceta para poder recoller os froitos cando comecen a medrar e madurar.
Que novas plantacións teremos este ano? Pronto o descubriredes. 😉
Mentres tanto, aquí podedes ver as fotos desta semana na nosa primeira sesión de horta.