Este mes ainda que tivemos varios días festivos, puidemos ir á horta coma sempre.
Revisamos ás nosas plantacións, regamos cando fixo falta (especialmente no invernadoiro, pois coa chuvia xa se regan os bancais de fora), apañamos algún pemento...
E fixemos actividades centradas na pegada ecolóxica, analizando as nosas accións para ver se estamos sendo ecolóxicos e coidamos o noso planeta. Reflexionamos sobre se apagamos as luces cando saímos, se reciclamos, se poñemos a calefacción a unha temperatura moderada, se imos a todas partes en coche ou tamén usamos o transporte público ou imos a pé...
Se queredes ver as fotos de todo o que fixemos, premede na foto: