E chegou o final! Xa marchamos! Que mellor despedida e benvida ás vacacións que unhas cantas actuacións!! 👏👏👏
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
E chegou o final! Xa marchamos! Que mellor despedida e benvida ás vacacións que unhas cantas actuacións!! 👏👏👏
Xa, como derradeiro día, aínda que é un día de despedidas...que mellor que botar unhas risas cun paiaso!!!
Grazas de novo á ANPA por esta oportunidade e gargalladas!!
Aquí tendes un resumo das actividades feitas na nosa contorna, aproveitando o que nos brinda a natureza.
O 5 DE XUÑO FOI O DÍA DO MEDIO AMBIENTE. AGRADECÉMOSLLE Á NATUREZA TODO O QUE NOS DÁ CON ESTE CORAZÓN CREADOS POLOS NENOS CON ELEMENTOS DA MESMA.
O ALUMANDO DE 6º DE PRIMARIA, COMO DESPEDIDA, PLANTARON UNHA MACEIRA, E PARA LOCALIZAR O MELLOR SITIO, EMPREGARON A RADIESTESIA, CUNHAS VARIÑAS.
A semana pasada, Ramón tivo a ben ensinarnos os roteiros que percorren parte do Monte Vixiador, ensinándonos os significados das lendas e todas as curiosidades que podemos atopar por alí: mámoas, sobreiras, tritóns, gran variedade de árbores...
Xa temos máis controlada a nosa contorna!
Agora toca coidala!