Esta semana fixemos ciencia da man de Ciencia en movemento.
O luns comezamos os pequenos de infantil e 1º e 2º, que coñecimos algunhas mulleres científicas que fixeron historia como a inventora do lavalouza: Josephine Cochrane ou a inventora do filtro de café: Melitta Bentz.
Ademais nós mesmos nos convertemos en científicos e cientícas:
- Comprobamos a importancia do xabón nun experimento no que unha gotiña de xabón "fixo fuxir a suciedade".
- Fixemos unha cromatografía cun papel do filtro do café que absorbía a auga e extendía unha mancha de tinta que foi medrando e cambiando de cor, descompoñendo así a cor negra.
- Comprobamos a presión da atmósfera dándolle a volta a un vaso cheo de auga tapado cun papel e observando que non caía a auga.
O martes chegou o turno dos maiores que igual que os grupos de 1º e 2º ademáis do que fixeron os pequenos de infantil, descubriron a inventora da xiringa dunha soa man, que foi Letitia Geer, e o monopoly, inventado por Elizabeth Magie.
Tamén descubriron un plástico chamado poliparafenileno, ou kevla, que non rompe e é moi lixeiro e que se usa para fabricar os cascos de moto e os coche de Fórmula 1.
E por supusto tamén se converteron en científicos con diversos experimentos como:
- Apagar unha candean tapándoa cun vaso para comprobar como o lume consoume o osíxeno.
- Experimentos cunha bengala metida en auga.
- Envasado ao vacío cunha nube, un tupper e un bombín (para ver o efecto da presión que exerce o aire).
Como podedes ver fixemos un montón de cousas!
Clicade na foto para ver todas as fotos e experimento: