jueves, 27 de septiembre de 2018

OS MUÍÑOS

Álvaro, que forma parte dun grupo de veciños que pretender manter viva a boa imaxe dos muíños da nosa zona, contounos a seguintes cousas:
Os muíños están preto de ríos para aproveitar a enerxía da auga, que choca contra unha roda de pás, que fai xirar as pedras que moen o millo (esplicounos as súas partes)
Algúns dos muíños teñen torres altas de pedra para almacenar a auga e que esta caia con máis forza. Contounos que tradicionalmente a xente se reunía nestes lugares e se divertían mentres esperaban para facer a moenda. De aquí xurdiron cantigas e a muiñeira, onde as faldas das mozas, ao xirar, facían a forma da pedra do muíño, por iso se chama así.
Hoxe en día, nesta zona, os ríos están cheos de lixo, que bota o ser humano e que afecta ás árbores e outras especies animais, ademáis de contaminar a auga, que neste caso chega ata a praia de Arealonga, na nosa ría.
Os veciños agrupáronse para limpar esta zona, atoparon todo tipo de escombros moitos deles  sorprendéronnos (restos de motos, neveiras, uralitas..) Nalgún caso, aproveitáronse para reciclalas e facer con elas esculturas e outras obras de arte.
En definitiva, ás veces o ser humano ensucia o monte, afectando ás nosas zona de interese ecolóxico e cultural. Mantén limpo o monte!
Alumnado de 5º e 6º de Primaria. 














lunes, 17 de septiembre de 2018

BENVIDOS NEN@S DE 1º



Xa que os rapaces e rapazas de 1º de Primaria son novatos nesto do patio do recreo...fixemos un xogo para que coñecesen cada recuncho, que facer nel e cales son as normas a seguir e, de paso, relacionarse con outros neno@s doutras aula. E mira!, descubrimos que este curso, o noso PDI é sobre a arte!