Co motivo do aniversario da queima dos nosos montes, varios centros de Vigo reunímonos para lembrar que entre todos podemos axudar a que non se repitan estes feitos.
Plantamos uns carballos para repoboar unha parcela do monte de Valadares e reunímonos no Monte dos Pozos para, unidos, dar a entender que non queremos que se repita esa desfeita.
Todo o alumnado, fomos visitar o Museo MARCO, onde puidemos ver parte da exposición de Xulio Verne e onde aprendimos multitude de curiosidades tanto do escritor como de canto influiu na nosa sociedade.
Quedamos con ganas de máis!!