Álvaro, que forma parte dun grupo de veciños que pretender manter viva a boa imaxe dos
muíños da nosa zona, contounos a seguintes cousas:
Os muíños están preto de ríos para aproveitar a enerxía da auga, que choca contra unha roda de pás, que fai xirar as pedras que
moen o millo (esplicounos as súas partes)
Algúns dos muíños teñen torres altas de pedra para almacenar
a auga e que esta caia con máis forza. Contounos que tradicionalmente a xente
se reunía nestes lugares e se divertían mentres esperaban para facer a moenda.
De aquí xurdiron cantigas e a muiñeira, onde as faldas das mozas, ao xirar,
facían a forma da pedra do muíño, por iso se chama así.
Hoxe en día, nesta zona, os ríos están cheos de lixo, que
bota o ser humano e que afecta ás árbores e outras especies animais, ademáis de
contaminar a auga, que neste caso chega ata a praia de Arealonga, na nosa ría.
Os veciños agrupáronse para limpar esta zona, atoparon todo tipo de
escombros moitos deles sorprendéronnos (restos de motos, neveiras, uralitas..) Nalgún caso, aproveitáronse para reciclalas e
facer con elas esculturas e outras obras de arte.
En definitiva, ás veces o ser humano ensucia o monte,
afectando ás nosas zona de interese ecolóxico e cultural. Mantén limpo o monte!
Alumnado de 5º e 6º de Primaria.