Qué talento demostran estas rapazas e rapaces!!!💗
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
viernes, 20 de diciembre de 2019
lunes, 16 de diciembre de 2019
APRENDEMOS UN POUQUIÑO MÁIS...
Dende o Concello veunos visitar María, para falarnos un pouco sobre sexualidade: fixemos teatrillo, aprendimos conceptos e diferenciamos vocabulario.
Cada día sabemos un pouco máis!
jueves, 12 de diciembre de 2019
DE VISITA POLO CONCELLO
Non nos imaxinabamos a de cousas que hai no interior do Concello. A sala de prensa, vixiancia de tráfico, un montón de oficiñas cun montón de departamentos, a Escola de Baile, laboratorios, expositores con moitas curiosidades...pisos e pisos de aprendizaxes!!
EVITAMOS ENGANOS NA REDE
Dende o"Plan Director" que nos oferta a Policía Nacional, os máis maiores do cole puideron aprender e descubrir cales son os enganos e perigos que se poden atopar cando navegan por Internet. Así como a normativa e as consecuencias que pode ter o mal uso das novas tecnoloxías.
VIGO RECICLA!
1º, 2º, 3º, e 4º refrescaron a memoria sobre como debemos reciclar e en que contenedores depositar os refugallos.
miércoles, 20 de noviembre de 2019
MAGOSTO!!
Xa chegou San Martiño e con el...o Magosto!!!
Para comezar a quentar, nada mellor que un baile!
O Rap da Castaña!
E logo... a quentar papando!
Choripanes e castañas!, co quecemento final dos xogos tradicionais, empregando para todos eles as castañas.
O vindeiro ano máis!
lunes, 18 de noviembre de 2019
GAIA
3º e 4º de Primaria acudiron ao teatro de Afundación para disfrutar de Gaia, un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa, tratando a importancia da interacción entre as persoas e a natureza.
PLÁSTICOS. O NOVO INIMIGO
Os máis maiores visitaron o centro Naturnova, este ano coa temática do plástico e os efectos devastadores que están a ter sobre o noso planeta. Aproveitaron tamén para aprender, a través do xogo, moitas das características do mundo que nos rodea.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)