Somos moi obedientes e cumprimos as ordes dictadas polo Meco!
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
jueves, 27 de febrero de 2020
lunes, 17 de febrero de 2020
REMATAMOS O DÍA DA PAZ
Co bo tempo puidemos colgar nos liquidambar da entrada do cole as nosas frases de propósitos para facer un mundo mellor.
Tamén repartimos os agasallos que nos fixo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal. As botellas con verbas, frases e poemas. Graciñas!!
Xornadas para a adolescencia
E rematamos coas xornadas que tiveron os martes os maiores sobre temáticas que lles van resultar interesantes coñecer de cara ao instituto (redes sociais, alcohol e tabaco, habilidades sociais)
Fánsenos maiores!
miércoles, 5 de febrero de 2020
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Este ano, para festexar este día, estivemos traballando a figura de Wangari Maathai, activista medioambiental, entre moitas outras cualidades , que recibiu o Nobel da Paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo
do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de
árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo.
A través do conto "Wangari y los árboles de la paz", o alumnado de cada curso tivo a oportunidade de ler esta estupenda historia e facer unha pequena actuación ante o resto do colexio: presentadores, leron frases, comentaron a biografía, o resumo do conto...
Posteriormente, para pechar este día, os pequeniños agasalláronnos cunha danza mahorí e logo todos e todas bailamos "A danza da paz", de Mamá Cabra. Asimesmo cada un de nós lemos a nosa pequena aportación para construir un mundo mellor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)