Este venres 28 de outubro celebramos no cole o Samaín - Halloween.
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
sábado, 29 de octubre de 2022
Samaín - Halloween
jueves, 27 de octubre de 2022
Horta de outubro
Este mes fomos á horta en dúas quendas: os días 11 e 25.
Ao longo deste mes os maiores crearon novos bancais e limpamos os que xa tiñamos, sachamos e abonamos o terreo tanto de dos bancais de fóra como do invernadoiro... E deixamos todo listo para os primeiros cultivos.
Os cursos máis baixos tamén axudaron a limpar o terreo, colleitamos os tomates que foron madurando, plantamos leitugas, cebolas, verdura "cale", brócoli e coliflor.
Ademais unha parte de infantil preparou sementeiros na clase por mor da chuvia que caía no momento en que ían ir á horta.
Se queredes ver as fotos do proceso, clicade na seguinte imaxe:
lunes, 17 de octubre de 2022
Visita museo Liste
O pasado venres, todo o cole foi ao museo Liste, onde descubrimos que xa tixan todo preparado para o Samaín.
Aprendemos algúns datos desta celebración, a súa orixe, algúns costumes... Cada grupo decorou unha porta terrorífica para o cole. Pasamos por un túnel do terror no que tivemos que atopar diferentes elementos agochados entre teas de araña, candeas, momias... E para rematar, levamos unha bolsiña chea de doces para repartir no cole!
A verdade é que o pasamos moi ben. Se queredes ver todas as fotos, clicade nesta imaxe:
lunes, 3 de octubre de 2022
Horta de setembro
Comezamos o curso cunha nova organización da horta, durante este ano acudiremos á horta por quendas de traballo e non todos o mesmo día.
Así, a final de mes subiremos unha entrada xeral sobre o traballo realizado e hoxe toca subir os datos de setembro!
Comezamos facendo a limpieza da horta: sacamos o que xa non valía, limpamos as herbas, e preparamos o terreo e o invernadoiro para acoller os novos cultivos...
Os cativos de infantil, aproveitaron esa limpeza que fixeron os maiores para sementar grelos e ser os primeiros en inaugurar o terreo.
Se queredes ver as fotos do que fixemos, clicade na foto: