Aquí tendes aos artistas do noso cole!! Agradecementos a Pablo Vázquez pola montaxe!
Neste blogue, Carozo irá ensinando as diferentes actividades que imos facendo no cole, así como outras ofertas de ocio ou interese.
jueves, 24 de mayo de 2018
lunes, 21 de mayo de 2018
HORTO SOLIDARIO II
Como xa sabedes, o dia 16 de maio tamén aproveitamos para facer o segundo mercadillo solidario.
Tralas actuacións da rapazada, o alumnado presentou os postos, lembrando o que fixo cada curso para levar a cabo a actividade.
Queremos agradecer á Presidenta de Bicos de Papel por vir a vernos, e ela comentounos a necesidade destes proxectos e da labor destas asociacións.
Ao día seguinte, saímos no xornal da Voz De Galicia.
MAIOS 2018
O pasado 16 de maio festexamos no colexio os Maios e o día das Letras Galegas, adicadas este ano a Mª Victoria Moreno.
Bailamos, cantamos e recitamos. O pasamos estupendamente!
Agradecementos ás familias pola vosa participación e tamén ao grupo de música tradicional "Tarambainas" por amenizar a nosa xornada.
Esperámosvos o vindeiro ano a tod@s!!
XA
CHEGOU O MAIO
O
MAIO ESPACIAL
|
COAS SÚAS COUSAS
E PARA CONTALAS
CANTAMOS ESTA COPLA.
NADA MÁIS CHEGARMOS
FOMOS EMBARCAR
XUNTOS TODO O COLE
EN XIAXE ESPACIAL.
(XUNTOS TODO O COLE EN VIAXE ESPACIAL)
DESDE O CUNQUEIRO
CHAMOU CANDEANINA
ESTÁBANNA CURANDO
QUE ESTABA MOI MALIÑA.
PRONTO VEU O OUTONO
PARA NOS ENFRIAR
CON CABAZAS DIVERTIDAS
E CASTAÑAS PRA RILLAR
(CON CABAZAS DIVERTIDAS E CASTAÑAS PARA RILLAR)
CAMIÑANDO XUNTOS
TODOS POLA PAZ
IGUALIÑOS TODOS
NON HAI NADA QUE CHISTAR
CAEUNOS UN ÁRBOL
E SEN AVISAR
FOI A GRAVIDADE
QUE SE PUXO A EMPURRAR.
(FOI A GRAVIDADE QUE SE PUXO A EMPURRAR)
PLANTAMOS UNS BULBOS
TODOS SOLIDARIOS
REGADOS CON BICOS
FOI NOSO
AGASALLO
DESTA OUTRA VOLTA
VEUNOS A
CONTAR
ANXO MOURE UN CONTO
QUE NOS FIXO
DISFRUTAR
(ANXO MOURE UN CONTO QUE NOS FIXO DISFRUTAR)
ESTES CONTOS TODOS
HOUBO QUE IR BUSCAR
A PLATURNO EN NAVE
SEN PODER REPOSTAR.
CANDO DE
REGRESO
E XA BEN CARGADOS
ANTES DA MADROA
AQUÍ NOS ESTRELAMOS
(ANTES DA MADROA AQUÍ NOS ESTRELAMOS)
XA NOS DESPEDIMOS
PARA NON CANSARVOS
BOTADE UNS RISOS
E MÁIS UNS APRAUSOS.
MONTAXE DO MAIO
martes, 15 de mayo de 2018
CHOUSA DE AMORODOS
Nas pasadas semanas tivemos a sorte de contar coa familia de Anxo (os seus pais e o seu avó) que nos axudaron a poñer en condicións o terreo para plantar amorodos. No seguinte video tendes o proceso.
Queremos agradecerlles, ademáis de a eles, a Esperanza Rodríguez Domínguez, de Xardinería "O Arce" (Camiño do Pío, 34, Candeán) por donar as plantas de amorodos e o abono. E, como non, ao avó Manuel que donou a tea antiherbas.
Así da gusto!!!
lunes, 14 de mayo de 2018
RETO DA MASCARILLA
Mila, a mamá de Jon e Naica, viu a explicarnos o por que do nome da asociación na que participa "Bicos de papel" (porque dan bicos a través da máscara que é de papel) e a mostrarnos o uso que se lle dá á mascarilla, así como outras medidas hixiénicas e preventivas a ter en conta á hora de ir a ver ás persoas que están hospitalizadas e teñen perigo de contaxiarse por mor dos virus ou bacterias que levemos con nós, xa que na situación na que están fan que teñan moi baixas as defensas.
Tamén propúxonos un reto: levar a mascarilla para poñernos na pel dos que a deben ter durante moito tempo e así comprobar sensacións.
Aceptamos o reto e uns aguantaron máis que outros.
Gracias Mila!!




Suscribirse a:
Entradas (Atom)