miércoles, 13 de noviembre de 2019

TALLER CON ESPUMA DE BARBEAR

O alumnado de infantil pasouno en grande con este taller multisensorial a través da experimentación con escuma de barbear e colorantes. Tocaron, experimentaron, debuxaron, escribiron, xogaron...














lunes, 11 de noviembre de 2019

FROITOS DE OUTONO!!

Degustación de froitos de outono!! Cantas cousas novas por probar! Moitísimas grazas ás familias por aportar todas as froitas e froitos.
 Quedaron tod@s relamendo!! 










TEATRO PARA ESCOLARES: TROYA

Cada día son máis habituáis as fraudes tecnolóxicas, desde a intrusión con software de control remoto, Apps que duplican as SIM, captación de identitades e outros perigos coma o cobro por incrementar a calidade dos videoxogos, a descarga de tons ou as votacións en programas televisivos...
Moita xente nova vese afectada por estas estafas.
Os protagonistas desta obra, Héctor, Helena e Alejandro, veranse tamén ante esta situación fraudulenta...
Os curso de 5º e 6º de primaria aprenderon unha valiosa lección!










martes, 29 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Gran día de xincana, entrega dos credenciais dos encargad@s, carnés para os nov@s...cantas cousas para festexar o día das bibliotecas!! Este ano, o noso PDI :
"Mens sana in córpore sano"...xogos relacionados coa temática. 
Lembrade que temos a biblioteca aberta a tod@s de luns a venres de 16:00 a 17:00 horas.
















lunes, 28 de octubre de 2019

XORNADA MICOLÓXICA

Tralas explicacións dadas na charla, o pasado mércores subimos ao Monte Vixiador á procura de cogumelos.
Unha xornada estupenda onde os buscamos, os analizamos e...os degustamos!!!
A verdade é que nin é tan sinxelo atopalos, nin analizalos. Debemos de contar sempre coa presenza dun experto!! 
Como di Moisés: "Non mira máis o que corre, senon o que se fixa"
Moitísimas gracias a Moisés, Jose Luis e Óscar por prepararnos unha xornada tan fantástica (e saborosa) !!!😍








REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR (RCP)

As enfermeiras do Álvaro Cunquerio tiveron a ben ensinarnos os pasos que debemos de levar a cabo para facer unha RCP cando nos atopemos con unha persoa inconsciente que non respire nin teña pulso.
Practicamos co boneco, empregamos un desfibrilador e tamén vimos como reaccionar ante un atragantamento.
Moitísimas gracias por ensinarnos!








viernes, 25 de octubre de 2019

CHARLA SOBRE COGUMELOS

Moisés e Jose Luis voltaron para darnos unhas nocións básicas sobre os cogumelos (que son, como son, para que serven, curiosidades, a súa importancia para o bosque...). Quedamos abraiados coa de cousas curiosas que nos dixeron. 
Xa estamos máis preparados para ir a buscarlos ao monte!