Tras a recollida do pasado luns das leitugas da rapazada, así queda a nosa horta, con un montón de hortalizas e tubérculos todavía por crecer e dar os seus froitos!
Lembrades como estaba a nosa horta a comezo de curso? Estaba cos restos da colleita de finais do verán, herba seca, outras malas herbas crecendo...
Pois durante este inverno, apareceron uns elfos maiores, que limparon todo e prepararon o chan, para que quedase bonitiño e listo para sementar...e logo, apareceron uns elfos máis pequeniños, que o abonaron, sementaron e tamén transplantaron.
Cun pouco de tempo,sol e co mimo e coa auga que lle deu estes días de encerro Mari Carmen, a nosa muller da limpeza... mirade todo o que temos! Como está a crecer a nosa horta!!!
Temos cenorias, pementos, as nosas leitugas, patacas, calabacín...Cando esteamos de volta menudas ensaladas imos a facer!!
Un ano máis, a charla "O monte vivo", promove entre a rapazada a necesidade de coidar os nosos montes. É responsabilidade nosa previr e ter certas atitudes de valor de cara a nosa contorna. Así como valorar e respectar a labor dos e das profesionais implicadas neste sector. Unha labor que ás veces non se presencia pero moi valiosa e, en ocasións, perigosa.
A semana pasada viñeron reprentantes de Bicos de Papel a dar runha charla sobre a axudas que ofrecen dende a asociación e a explicar a labor tan intersante que estan a facer.
Tamén mostraron o caso dunha rapaza con cancro, contando a súa experiencia no hospital.