viernes, 3 de abril de 2020

A NOSA HORTA

Lembrades como estaba a nosa horta a comezo de curso? Estaba cos restos da colleita de finais do verán, herba seca, outras malas herbas crecendo...
Pois durante este inverno, apareceron uns elfos maiores, que limparon todo e prepararon o chan, para que quedase bonitiño e listo para sementar...e logo, apareceron uns elfos máis pequeniños, que o abonaron, sementaron e tamén transplantaron.
Cun pouco de tempo,sol e co mimo e coa auga que lle deu estes días de encerro Mari Carmen, a nosa muller da limpeza... mirade todo o que temos! Como está a crecer a nosa horta!!!
Temos cenorias, pementos, as nosas leitugas, patacas, calabacín...Cando esteamos de volta menudas ensaladas imos a facer!!




Atletismo no CUVI

Tivemos a ocasión de ir a practicar altletismo ás enormes instalacións que ten o CUVI ,xunto con outros nenos e nenas doutros coles.
 Relevos, lanzamento de peso, salto de lonxitude...pasáronno en grande!!















martes, 17 de marzo de 2020

O MONTE VIVO

Un ano máis, a charla "O monte vivo", promove entre a rapazada a necesidade de coidar os nosos montes. É responsabilidade nosa previr e ter certas atitudes de valor de cara a nosa contorna. Así como valorar e respectar a labor dos e das profesionais implicadas neste sector. Unha labor que ás veces non se presencia pero moi valiosa e, en ocasións, perigosa. 







ENTROIDO 2020!


martes, 10 de marzo de 2020

BICOS DE PAPEL

A semana pasada viñeron reprentantes de Bicos de Papel a dar runha charla sobre a axudas que ofrecen dende a asociación e a explicar a labor tan intersante que estan a facer. 
Tamén mostraron o caso dunha rapaza con cancro, contando a súa experiencia no hospital.
Graciñas pola visita!






lunes, 2 de marzo de 2020

UNBOXING ALICE

O pasado 29 de xaneiro o alumnado de 4º 5º e 6º de Primaria tivemos a oportunidade de asistir á representación de "Unboxing Alice", teatro en inglés que actualiza o clásico "Alice in Wonderland" onde se reúnen personaxes do conto con "youtubers" do mundo das Novas Tecnoloxías.




jueves, 27 de febrero de 2020